Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Secretaría Xeral

A chegada de Alberto Núñez Feijóo á presidencia da Xunta de Galicia significou que o deporte organizativamente volva ter consideración de secretaría xeral, dependendo directamente de presidente. Unha decisión que demostra a firme aposta polo deporte do presidente, que elixiu a José Ramón Lete Lasa para dirixir o departamento que coñecía á perfección debido a que desde maio de 2003 ata xullo de 2005 foi director xeral cando Deportes dependía da Consellería de Familia, Muller e Voluntariado con Pilar Rojo como conselleira. En decembro de 2016, tras a incorporación de José Ramón Lete Lasa ao Consejo Superior de Deportes, como presidente , foi designada Marta Míguez Telle como nova Secretaria Xeral para o Deporte.

A primeira Secretaría Xeral para o Deporte naceu no ano 1989 cando Manuel Fraga Iribarne foi elixido presidente da Xunta de Galicia, ata xaneiro de 2003  que se converteu apartir da fecha Direción Xeral dependente da Consellería de Familia, Muller, Deporte e Voluntariado. 

A Secretaría Xeral para o Deporte conta cunha subdirección xeral e tres servizos; o de coordinación deportiva, do que depende o deporte escolar; o de obras e o de contratación. En cada provincia hai un xefe de servizo que desempeña a representación da Secretaría Xeral para o Deporte nas catro provincias galegas.

 

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 348 / 353 Fax: 881 996 356

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds