Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Fundación

En decembro do ano 2001 a Administración Autonómica de Galicia constitúe a Fundación Deporte Galego como unha organización de natureza fundacional e de interese galego no ámbito deportivo para o impulso e fomento do deporte e a práctica deportiva e a súa difusión entre os cidadáns.

A Fundación, tendo adquirido personalidade xurídica propia, desenvolve a súa actividade na comunidade autónoma galega sen prexuízo de poder acometer actuacións fóra de Galicia cando estas teñan por obxecto a consecución de fins de interese galego relacionados co seu obxecto fundacional.

Entre os seus fins atópase a promoción e incentivo do deporte e a práctica deportiva na comunidade autónoma galega. Para isto, a Fundación Deporte Galego poderá, entre outras cousas colaborar con administracións e empresas públicas e privadas e con federacións deportivas. Así mesmo, a Fundación Deporte Galego poderá construír e xestionar directa ou indirectamente instalacións deportivas propias e alleas, e levar a cabo calquera outra actuación que, directa ou indirectamente, contribuía á mellora do deporte e a práctica deportiva na comunidade autónoma de Galicia.


© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 348 / 353 Fax: 881 996 356

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds