Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Áreas de traballo

a) Área de Alto nivel e de Promoción do deporte.
 Responsabilizase das convocatorias de axudas, dos convenios e dos patrocinios publicitarios nas súas fases de asignación, seguimento e xustificación.
O equipo de traballo previsto para 2010 é:
  • Coordinador: un director técnico.
  • Persoal de apoio: un técnico e un auxiliar administrativo.
b) Área de programas e eventos.
 Responsabilizase da organización e execución dos programas e eventos promovidos pola Fundación directamente ou en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte ou outras entidades.
O equipo de traballo previsto para 2010 é:
  • Coordinador: un director técnico.
  • Persoal de apoio: dous técnicos e un auxiliar administrativo.
  • Persoal do Programa de cooperación (14 persoas)
c) Área de xestión de instalacións deportivas.
 Responsabilizase da xestión das instalacións encomendadas á Fundación, mediante sistemas de xestión directos ou indirectos.
O equipo de traballo previsto para 2010:
  • Coordinador de Instalacións deportivas
  • Tres directores técnicos.
d) Área de comunicación.
 Responsable da comunicación institucional, da comunicación das actividades propias e das actividades subvencionadas e patrocinadas e das campañas de comunicación.
O equipo de traballo previsto para 2010 é:
  • Coordinador: o xerente.
  • Persoal de apoio: un auxiliar administrativo.

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 348 / 353 Fax: 881 996 356

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds