Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

CGTD

 

A Secretaría Xeral para o Deporte aposta  polo noso deporte competitivo, firmemente ancorado no deporte de base galego e que configura un dos piares de actuación deste departamento.

O futuro máis inmediato ven marcado polas próximas citas internacionais entre as que destaca Río 2016. A este futuro miramos coa convicción e seguridade que dan o esforzo e o traballo dos deportistas, e das súas federacións e clubs, que aplicarán iguales doses de enerxía ás ata agora invertidas, a seguir incrementando os éxitos deportivos de Galicia no deporte internacional.

O deporte galego ten no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) a instalación de referencia da súa excelencia competitiva, una excelencia que contempla, por suposto tamén, a formación académica dos deportistas, na finalidade de acadar a súa formación integral. Este centro naceu no curso 1987-88 aproveitando as instalacións do Estadio da Xuventude e a residencia de estudantes Atlántico da cidade de Pontevedra. Co paso do tempo foise transformando nun moderno complexo deportivo no que se formaron os mellores deportistas de Galicia e, na actualidade, dá cabida ós principais deportistas e promesas do deporte galego.

No 2007 e no 2010 respectivamente, incorpóranse á órbita e área de influenza deportiva do CGTD as instalacións do Centro Deportivo Pontillón do Castro e o Centro Galego de Tecnificación de Vela en Vilagarcía, instalacións que completan a preparación dos principais deportistas de piragüismo e vela.

CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) naceu en 1987 aproveitando as instalacións do Estadio da Xuventude e a Residencia de estudantes Atlántico da cidade de Pontevedra. Co paso do tempo foise transformando nun moderno complexo deportivo no que se formaron os mellores deportistas da nosa Comunidade e, na actualidade, dá cabida ós principais deportistas e promesas do deporte galego.

Desde a súa posta en marcha, o Centro contou con moi diversas seccións deportivas: bádminton, natación sincronizada,  voleibol,  atletismo, ciclismo btt, judo, loita, natación, piragüismo, remo, taekwondo, tenis ou tríatlon.

A lista de deportistas que chegaron á cima das súas modalidades logo de formarse neste Centro é moi longa, podendo destacar entre eles a 18 deportistas olímpicos (María Abel, Horacio Allegue, Miguel Ángel Álvarez, Alfredo Bea, David Cal, Paula Carballido, José M. Crespo, Beatriz Gómez, Javier Gómez, Jovino González, David Mascato, Jacobo Moroño, Ana Penas, Carlos Pérez, Teresa Portela, Jacobo Suárez, Beatriz Valcárcel e Juan Zunzunegui) e 2 paralímpicos (Pablo Cimadevila e Gustavo Nieves), cunha colleita total de 11 medallas dende os Xogos Olímpicos de Sydney 2000.

 

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 348 / 353 Fax: 881 996 356

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds