Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Comité

O  Comité Galego de Xustiza Deportiva é o órgano administrativo superior da xurisdición deportiva no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. Está adscrito ao órgano da Administración autonómica competente en materia de deporte e actúa con total independencia funcional deste e da Administracion xeral da Comunidade Autónoma.

Polo que se refire ao seu funcionamento, aplícanse as normas establecidas para os órganos colexiados na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e
funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Funcións

De conformidade co artigo 93 da Lei 3/12, do 2 de abril, do deporte de Galicia o comité é competente para coñecer dos actos que se produzan relativos a:

a. Disciplina deportiva, incluídos neste ámbito os relativos á prevención, ao control e ás sancións en materia de dopaxe

b. Os de carácter organizativo-competicional que poidan xurdir en relación coa organización das competicións

c. Control das decisións ditadas nos procesos electorais polos órganos competentes das federacións deportivas de Galicia, incluída a súa convocatoria

d. Control administrativo respecto das función públicas encomendadas ás federacións

e. Incoación, instrucción e resolución de expedientes disciplinarios deportivos aos membros das federacións deportivas galegas, sempre que se substancien, por feitos cometidos polos seus presidentes ou directivos, de oficio ou por instancia de parte, pola Administración deportiva autonómica

f. Tramitación e resolución de procedementos sancionadores deportivos sobre as materias deste tipo que lle son atribuídas pola Lei 3/12, do 2 de abril, do deporte de Galicia

g. Calquera outra competencia que lle sexa atribuída ou delegada consonte o ordenamento xurídico

Ademáis, o artigo 95 do mesmo texto legal atribúelle competencia para a solución extraxudicial de conflictos non sancionadores nin disciplinarios, nos termos previstos nas normas reguladoras da arbitraxe privada .

Composición

O Comité Galego de Xustiza Deportiva está integrado por cinco membros e dous suplentes, para os supostos de vacantes, enfermidade ou ausencia, todos eles licenciados en dereito. O nomeamento dos membros do Comité Galego de Xustiza Deportiva realizao o órgano da Administración autonómica competente en materia deportiva. Na sesión constitutiva do órgano elíxese ao presidente ou presidenta.

A duración do mandato dos integrantes do comité é de catro anos.

Para a solución arbitral dos conflictos non sancionadores nin disciplinarios crearase una sección diferenciada composta por un/ha presidente/a e dous membros do comité.

O comité está asistido por un/ha secretario/a designado/a pola Administración autonómica, que ten a condición de funcionario, que actúa nas reunión con voz pero sen voto.

Membros do comité

Presidente:

  • D. Miguel Juane Sánchez

Vogais:

  • Dna. Cristina Pedrosa Leis
  • D. Ángel Luís Rebolledo Varela
  • Dna. Mª Dolores Rodríguez Rodríguez
  • D. Rafael Tena Núñez

Secretaria:

  • Dna. Rebeca Arijón Gontad

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 348 / 353 Fax: 881 996 356

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds