Altas no rexistro
A posta en marcha dunha entidade deportiva debe realizarse a través dun proceso de rexistro formal que se leva a cabo a través dos Servizos Provinciais de Deportes das Delegacións Provinciais da Presidencia da Xunta de Galicia agás as Federacións Deportivas Galegas que se tramitarán na Secretaria Xeral para o Deporte. Antes de solicitar a inscrición no rexistro dunha entidade deportiva debe terse en conta que a mesma non pode utilizar ningún termo relativo a outro tipo de entidade diferente que poida inducir a erro ou confusión, nin utilizar ninguna denominación igual ou similar á doutra entidade xa rexistrada, tampouco poderán usar os símbolos ou emblemas doutras entidades ou asociacións, polo que sería conveniente que os interesados se poñan en contacto coa Secretaría Xeral / Servizos de Deportes para preguntar se a denominación elixida xa pertence a outra entidade.
O trámite para a creación dun club deportivo deberá realizarse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), procedemento PR946B Modificacións do rexistro de entidades deportivas e deberá achegar a seguinte documentación:
*Pago de taxas a través de internet: O pagamento das taxas pode efectuarse por internet a través da páxina web da Consellería de Facenda.
Documentación que debe presentarse para a creación das seccións deportivas.
A través da sede electrónica (https://sede.xunta.gal), deberá achegar a seguinte documentación:
*Pago de taxas a través de internet: O pagamento das taxas pode efectuarse por internet a través da páxina web da Consellería de Facenda.
Modificación do rexistro
Este é o procedemento que debe seguirse para comunicar ao Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia as modificacións xurdidas nuha entidade deportiva que afecten a este rexistro, como poden ser as seguintes: cambio de denominación, de xunta directiva, de enderezo social, de estatutos e creación de seccións deportivas.
A documentación que debe presentarse
Sempre a través da sede electrónica (https://sede.xunta.gal) deberá achegarse a seguinte documentación:
Só xeneran pago de taxas os seguintes cambios:
Non xeneran pago de taxas:
*Pago de taxas a través de internet: O pagamento das taxas pode efectuarse por internet a través da páxina web da Consellería de Facenda.
Códigos das Taxas
Onde realizar calquera xestión referida ao Rexistro
Sección Promoción Deportiva Vigo
Fotógrafo Luis Ksado, 17 36209 Vigo
Teléfono: 886 218 282
______________________________________________________________________________________________
Documentos
Indicacións para a correcta inscrición no rexistro
Formulario de rexistro dunha asociación deportiva
Modelo dun acta fundacional dun club
Modelo de estatutos dun club.odt
Modelo de relación dos membros da xunta directiva
Modelo de aprobación dos estatutos dun club
Modelo para a modificación do rexistro dun club
Legalización dos libros das entidades deportivas
Modelo de certificación para modificacións no Rexistro
Modelo de solicitude para certificación negativa de denominación
© Secretaría Xeral para o Deporte -
Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346