Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Instalacións


Censo Nacional de instalacións deportivas

Instalación

A Secretaría Xeral para o Deporte ten entre os seus obxectivos deseñar un Plan Director de Infraestruturas Deportivas que sirva de marco de decisión para determinar os investimentos dirixidos á creación de novas instalacións.

Este Plan persegue subsanar a carencia de determinados equipamentos básicos e corrixir os desequilibrios territoriais actualmente existentes en canto a infraestruturas deportivas nalgúns concellos e comarcas de Galicia.


Intervencións

Ademais a Presidencia da Xunta de Galicia desenvolveu unha política de axudas para a mellora do parque de inmobles vinculados a usos deportivos, tanto se pertencen a concellos como a entidades deportivas sen fins de lucro.

As axudas van dirixidas a realizar investimentos en:

1. 1. Campos de fútbol: só serán susceptibles de ser subvencionadas obras que se refiran aos seguintes aspectos:

  • Terreo de xogo.
  • Vestiarios.
  • Iluminación.
  • Non serán obxecto de subvención as actuacións relativas aos peches perimetrais, urbanización do contorno ou a construción ou reforma de bancadas e cubertas de tribunas.

2. 2. Pavillóns polideportivos: só serán susceptibles de ser subvencionadas obras que se refiran aos seguintes aspectos:

  • Pavimento da zona de xogo.
  • Vestiarios.
  • Mellora das prestacións básicas do inmoble (iluminación, calefacción, estanquidade).
  • Non serán obxecto de subvención obras que comporten ou pretendan o mantemento ordinario do inmoble (reposición de vidros, pintado interior/exterior e análogas).

3. 3. Piscinas cubertas: só serán susceptibles de ser subvencionadas obras que se refiran aos seguintes aspectos:

  • Melloras ou reformas estruturais do edificio (cubertas, sistemas de illamento, sistemas de climatización, sistemas de aforro enerxético, etc.).
  • Sistemas de depuración da auga.
  • Incremento das superficies vinculadas a usos deportivos e complementarios.
  • Non serán obxecto de subvención obras que comporten ou pretendan o mantemento ordinario do inmoble (reposición de vidros, pintado interior/exterior e análogas).

4. 4. Piscinas descubertas: só serán susceptibles de ser subvencionadas obras que se refiran aos seguintes aspectos:

  • As que pretendan a adecuación do vaso/s ou da instalación á normativa sanitaria vixente, a mellora da súa estanquidade e/ou a redución da súa profundidade.
  • Vestiarios.
  • Non serán obxecto de subvención as obras que garden relación coas zonas de lecer vinculadas ou próximas ás piscinas, peches perimetrais das instalacións, urbanización do contorno, iluminación do complexo, etc.

5. 5. Pistas polideportivas ao aire libre: só en casos moi xustificados e excepcionalmente se subvencionarán actuacións neste tipo de instalacións deportivas, sempre que estean situadas no medio rural ou en contornos periféricos urbanos, nestes casos só serán susceptibles de ser subvencionadas obras que se refiran aos seguintes aspectos:

  • Construción de cubertas sobre pistas existentes.
  • Iluminación das zonas de xogo.
  • Terreo de xogo.
  • Non serán obxecto de subvención as actuacións en pistas de tenis descubertas que se refiran ao seu terreo de xogo, e aquelas operacións que pretendan o mantemento ordinario da instalación.

6. 6. Instalacións vinculadas a deportes náuticos: só serán susceptibles de ser subvencionadas obras que se refiran aos seguintes aspectos:

  • Hangares para embarcacións.
  • Vestiarios e ximnasios de musculación.
  • Reformas estruturais dos edificios (cubertas, sistemas de climatización, etc.).
  • Adecuación dos edificios existentes ao contorno.
  • Mellora do acceso ás zonas de adestramento e de regata dos deportistas.

7. 7. Outras instalacións deportivas. Só serán susceptibles de ser subvencionadas obras que se refiran aos seguintes aspectos:

  • Aquelas accións que garden relación directa cos espazos dedicados á práctica deportiva respecto daquelas modalidades recoñecidas polos distintas federacións deportivas galegas e as edificacións auxiliares que puidesen estar vinculadas con aqueles.
  • Aquelas accións que garden relación directa cos espazos dedicados á práctica deportiva respecto daquelas actividades deportivas de carácter alternativo vinculadas a novas prácticas deportivas da mocidade.

8. 8. Actuacións en todo tipo de instalacións.

  • En todo tipo de instalacións deportivas resultarán susceptibles de ser subvencionadas aquelas actuacións que persigan a eliminación de barreiras arquitectónicas, así como a introdución de melloras tendentes a incrementar o uso das enerxías alternativas.
  • En ningún caso serán obxecto de subvencións accións dirixidas á realización de obras de nova planta ou reforma de locais sociais que carezan de uso deportivo directo e prioritario.

 

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds