Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

 Resultados por páxina   Páxina 1 de 259  SeguinteAvanzarÚltima

24.05.2018

A Xunta de Galicia vén de rematar a obra de substitución e reparación da cuberta e do pavimento do pavillón do complexo deportivo Agra I

A Xunta de Galicia vén de rematar a obra de substitución e reparación da cuberta e do pavimento do pavillón do complexo deportivo Agra I

Os traballos da obra de ‘Cambio de cuberta e adecuación do pavimento do Pavillón Agra 1’ tiveron un orzamento de 140.000 euros

23.05.2018

A Secretaría Xeral para o Deporte e a Corporación Radio e Televisión de Galicia asinan un convenio de colaboración para o fomento do deporte de base, feminino e alternativos

A Secretaría Xeral para o Deporte e a Corporación Radio e Televisión de Galicia asinan un convenio de colaboración para o fomento do deporte de base, feminino e alternativos

A programación en cuestión centrarase naqueles deportes que teñan un seguimento minoritario ou que carezan da visibilidade dos deportes maioritarios, poñendo o acento no deporte feminino, base e nos deportes tradicionais e minoritarios, así como naqueles eventos deportivos considerados de importancia para a sociedade

23.05.2018

Míguez destaca a importancia de concienciar aos máis pequenos sobre os hábitos de vida saudable a través do deporte e dunha correcta alimentación na xornada multideporte de Silleda

Míguez destaca a importancia de concienciar aos máis pequenos sobre os hábitos de vida saudable a través do deporte e dunha correcta alimentación na xornada multideporte de Silleda

A xornada contou coas actividades deportivas de xogos tradicionais (billarda, birlos e chave), fútbol 6 e loita e ademais coa actividade ‘Ponlle as pilas ao teu bocata’ que busca mellorar os hábitos de consumo dos nenos e nenas e derivalos cara a unha dieta saudable

22.05.2018

CICLISMO: CAMPIONATO DE GALICIA ELITE E SUB 23 2018

CICLISMO: CAMPIONATO DE GALICIA ELITE E SUB 23 2018

Anxo Lorenzo (Cortizo) e Diego González ( Froiz) novos campións de Galicia elite e sub23

21.05.2018

Míguez destaca a “organizadores, patrocinadores, institucións públicas, pilotos, forzas e corpos de seguridade, público e voluntarios” como garantía do éxito do Rally Terra da Auga

Míguez destaca a “organizadores, patrocinadores, institucións públicas, pilotos, forzas e corpos de seguridade, público e voluntarios” como garantía do éxito do Rally Terra da Auga

Incide na idea de que “a minuciosidade dos organizadores, o traballo de todas as institucións, a protección dos corpos e forzas de seguridade e o respecto no comportamento do público, serán claves para poder vivir unha fin de semana de motor onde destaque a calidade de todos os pilotos, e especialmente, os galegos”

15.05.2018

A secretaria xeral para o Deporte asina coa Federación Galega de Piragüismo o convenio para o mantemento, conservación e funcionamento do Complexo de Verducido

A secretaria xeral para o Deporte asina coa Federación Galega de Piragüismo o convenio para o mantemento, conservación e funcionamento do Complexo de Verducido

Para o cumprimento deste convenio, que estará vixente ata o 31 de decembro de 2018, a Secretaría Xeral para o Deporte concederá á Federación unha subvención de 105.000 euros, a mesma cantidade consignada en 2017 e que representa un incremento do 5% con respecto ao orzamento destinado a este concepto no ano 2016 (100.000 euros)

15.05.2018

A secretaria xeral felicita á Federación Galega de Vela polo titulo de Real na presentación da Copa Galicia de Cruceiros OCR 2018

A secretaria xeral felicita á Federación Galega de Vela polo titulo de Real na presentación da Copa Galicia de Cruceiros OCR 2018

A presentación tivo lugar na Escola Naval de Marín que neste 2018 cumpre 75 anos

09.05.2018

A Fundación Deporte Galego imparte un novo curso sobre ‘A avaliación da condición física saudable: valorar para prescribir actividade física, exercicio físico e deporte’

A Fundación Deporte Galego imparte un novo curso sobre ‘A avaliación da condición física saudable: valorar para prescribir actividade física, exercicio físico e deporte’

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, asistiu hoxe á última xornada do curso onde ratificou a aposta da Xunta por unha Galicia “activa, deportiva e saudable”

07.05.2018

HALTEROFILIA: 30º CAMPIONATO DE GALICIA SUB-15 E SUB-17 (MASCULINO E FEMININO). Mos, 12 de maio de 2018

O sábado 12 de maio disputarase nas instalacións do ximnasio Centaurus de Mos (Pontevedra) a 30ª edición do Campionato de Galicia sub-15 e sub-17 nas categorías masculina e feminina.

02.05.2018

Míguez defende en Portugal o papel do deporte como motor de desenvolvemento humano, económico e social e destaca as principais accións da Secretaría Xeral para o Deporte

Míguez defende en Portugal o papel do deporte como motor de desenvolvemento humano, económico e social e destaca as principais accións da Secretaría Xeral para o Deporte

Enumera as partidas destinadas á actividade deportiva para este 2018 cun total de 11,5 millóns de euros do orzamento total da Secretaría Xeral para o Deporte que suma 21,9 millóns de euros

24.04.2018

A Secretaría Xeral para o Deporte asina o convenio de colaboración coa Federación Galega de Piragüismo e completa a sinatura dos acordos coas 58 federacións deportivas

A Secretaría Xeral para o Deporte asina o convenio de colaboración coa Federación Galega de Piragüismo e completa a sinatura dos acordos coas 58 federacións deportivas

A Secretaría Xeral para o Deporte concédelle á Federación Galega de Piragüismo unha subvención por un importe máximo de ata 266.824 euros para a realización dos seus respectivos programas de promoción deportiva para a anualidade 2018

 Resultados por páxina   Páxina 1 de 259  SeguinteAvanzarÚltima

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds