Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

 Resultados por páxina   Páxina 1 de 73  SeguinteAvanzarÚltima

11.07.2018

A Secretaria Xeral para o Deporte anuncia para este ano 2018 unha axuda de 500.000 euros para subvencionar a adquisición de equipamentos deportivos das federacións deportivas galegas

A Secretaria Xeral para o Deporte anuncia para este ano 2018 unha axuda de 500.000 euros para subvencionar a adquisición de equipamentos deportivos das federacións deportivas galegas

Na reunión expuxéronse tamén outras cuestións como a Escola Galega do Deporte, o estado do decreto de Deportistas de Galicia de Alto Nivel (DGAN), o informe sobre a situación electoral das federacións deportivas galegas, o uso das instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública, a actualización do Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, a Comisión Galega de Control da Violencia ou o Plan de auditorías das contas anuais 2017

05.07.2018

A Secretaría Xeral para o Deporte e a Asociación Liga Noroeste asinan o convenio de colaboración para a organización da Liga Galega de Traiñeiras

A Secretaría Xeral para o Deporte e a Asociación Liga Noroeste asinan o convenio de colaboración para a organización da Liga Galega de Traiñeiras

Segundo o texto do convenio, a Secret aría Xeral para o Deporte concederalle á Asociación Liga Noroeste unha subvención por un importe máximo de ata 90.000 euros para a organización deste evento

15.06.2018

Marta Míguez inaugura o VII Foro deporte para todos que contribuirá á “mellora da organización e desenvolvemento das entidades deportivas galegas”

Apunta a importancia do futuro do deporte federado, “un tema que nos afecta a todos e no que desde a Xunta de Galicia insistimos con frecuencia grazas ao Foro do Deporte Federado creado para compartir posturas, reflexións e análises da situación actual do deporte galego desde a perspectiva do deporte federado”

01.06.2018

Míguez destaca o tecido asociativo que posibilita que desde a tempada 2009-2010 a Xunta e ABANCA destinen 20M€ aos equipos de alto nivel

Míguez destaca o tecido asociativo que posibilita que desde a tempada 2009-2010 a Xunta e ABANCA destinen 20M€ aos equipos de alto nivel

O Plan de patrocinio que contará cun orzamento global de 2.420.000 euros, está financiado pola Fundación Deporte Galego (1.694.000 euros) e por Abanca (726.000 euros) e beneficiará a un total de 171 equipos galegos o que representa un incremento do 92% desde o primeiro ano do Plan

23.05.2018

A Secretaría Xeral para o Deporte e a Corporación Radio e Televisión de Galicia asinan un convenio de colaboración para o fomento do deporte de base, feminino e alternativos

A Secretaría Xeral para o Deporte e a Corporación Radio e Televisión de Galicia asinan un convenio de colaboración para o fomento do deporte de base, feminino e alternativos

A programación en cuestión centrarase naqueles deportes que teñan un seguimento minoritario ou que carezan da visibilidade dos deportes maioritarios, poñendo o acento no deporte feminino, base e nos deportes tradicionais e minoritarios, así como naqueles eventos deportivos considerados de importancia para a sociedade

09.05.2018

A Fundación Deporte Galego imparte un novo curso sobre ‘A avaliación da condición física saudable: valorar para prescribir actividade física, exercicio físico e deporte’

A Fundación Deporte Galego imparte un novo curso sobre ‘A avaliación da condición física saudable: valorar para prescribir actividade física, exercicio físico e deporte’

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, asistiu hoxe á última xornada do curso onde ratificou a aposta da Xunta por unha Galicia “activa, deportiva e saudable”

02.05.2018

Míguez defende en Portugal o papel do deporte como motor de desenvolvemento humano, económico e social e destaca as principais accións da Secretaría Xeral para o Deporte

Míguez defende en Portugal o papel do deporte como motor de desenvolvemento humano, económico e social e destaca as principais accións da Secretaría Xeral para o Deporte

Enumera as partidas destinadas á actividade deportiva para este 2018 cun total de 11,5 millóns de euros do orzamento total da Secretaría Xeral para o Deporte que suma 21,9 millóns de euros

18.04.2018

A Secretaría Xeral para o Deporte publica a lista dos galardoados cos Premios Deporte Galego do ano 2017 que nesta edición recoñecen a 17 premiados en 17 categorías

María Pérez Araújo foi elixida como a mellor deportista feminina e Lucas Vázquez como o mellor deportista masculino

16.04.2018

A Secretaría Xeral para o Deporte convoca as subvencións para entidades deportivas por un importe superior aos 2 millóns de euros

Como se informou o pasado mes de novembro, a Secretaría Xeral para o Deporte modificou esta orde de axudas para evitar que ocorran sucesos ou incidentes violentos naquelas competicións de orde autonómica que teñan lugar en Galicia

12.04.2018

Galicia solicita a acreditación de competencias profesionais no ámbito das titulacións deportivas de réxime especial no ámbito da Conferencia Interterritorial para o Deporte

Galicia solicita a acreditación de competencias profesionais no ámbito das titulacións deportivas de réxime especial no ámbito da Conferencia Interterritorial para o Deporte

A secretaria xeral para o Deporte asegura que “a posta en marcha deste proceso permitiríanos facilitar o acceso a unha formación oficial por parte dos profesionais que exercen o seu traballo sen a devandita titulación”

03.04.2018

Un total de 27 deportistas galegos de alto nivel optan a algunha das 43 ofertas de traballo activas ao abeiro do programa ‘Eu son DGAN’ tras o primeiro trimestre de 2018

En total foron contactadas 96 empresas e un total de 276 deportistas galegos dos que o 67% manifestou o seu interese por participar no programa

 Resultados por páxina   Páxina 1 de 73  SeguinteAvanzarÚltima

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds