Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

19.12.2017

Marta Míguez recibe aos primeiros deportistas que son entrevistados no marco do programa ‘Eu son DGAN’

Os deportistas galegos de alto nivel Fernando Pérez, Iván Parada e Raquel Bonilla foron entrevistados no día de hoxe

Imprimir Atrás

Santiago, 19 de decembro de 2017.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, recibiu hoxe ao primeiro deportista de alto nivel que acudiu ás oficinas da Escola Galega de Administración Pública con motivo do comezo da rolda de entrevistas cos deportistas galegos no marco do programa ‘Eu son DGAN’ que a Secretaría Xeral para o Deporte desenvolve da man coa Fundación ONCE.

Deste xeito, Fernando Pérez, adscrito á Federación Galega de Deportes de Inverno e do club Senbal Mushing Team foi o primeiro deportista entrevistado polo equipo de ‘Eu son DGAN’ para coñecer a súa formación e aspiracións de cara a facilitar o seu acceso ao mundo laboral.

Do mesmo xeito, na xornada de hoxe foi entrevistado Iván Parada, adscrito á Federación Galega de Karate e Deportes Asociados e do club Kempo Barbanza. Xa na sesión de tarde, foi a quenda de Raquel Bonilla, deportista galega de alto nivel da Federación Galega de Tenis de Mesa e do club Arteal.

Co comezo das entrevistas cos deportistas, o equipo do programa ‘Eu son DGAN’ continúa traballando na inserción laboral das e dos deportistas de alto nivel traballando desde un primeiro momento na compensación das dificultades que a práctica do deporte de alta competición pode causar na formación e na integración laboral dos deportistas. ‘Eu son DGAN’ está destinado a todos os deportistas galegos de alto nivel, que son e que o foron.

O deporte de alto nivel esixe un compromiso férreo cun estilo de vida baseado no esforzo, no sacrificio, no adestramento diario e na disciplina. Os deportistas de alto nivel representan uns valores que todo directivo debe querer ter na súa empresa. 

Vistas:  352

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds