Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

15.03.2018

A Secretaría Xeral para o Deporte convoca os Premios Deporte Galego do ano 2017

Os premios recoñecen 17 categorías e serán entregados nunha gala que terá lugar proximamente

Imprimir Atrás

Santiago, 3 de marzo de 2017.- A Secretaría Xeral para o Deporte vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución do 6 de marzo de 2018 pola que se convocan os Premios Deporte Galego do ano 2017 que recoñecerán publicamente os máis destacados axentes do ámbito deportivo de Galicia.

Os premios recoñecen 17 categorías e serán entregados nunha gala que terá lugar proximamente. Estas categorías serán a de mellor deportista feminina, mellor deportista feminina con discapacidade, mellor deportista masculino, mellor deportista masculino con discapacidade, mellor equipo feminino, mellor equipo masculino, mellor equipo de deportistas con discapacidade, mellor entidade na promoción do deporte de base, mellor adestrador ou adestradora, mellor árbitro/a ou xuíz/a, mellor labor informativo, mellor evento deportivo, mellor patrocinio deportivo, mellor deportista revelación, premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa, premio Galicia Saudable á entidade de carácter privado destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa e o premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa.

Poderán formular propostas a estas categorías as entidades deportivas de Galicia inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, os concellos galegos, así como calquera outro organismo ou entidade pública ou privada radicados na Comunidade Autónoma, os membros do xurado e as persoas físicas relacionadas coa actividade física e o deporte galego. O prazo para a presentación de candidaturas remata o vindeiro 25 de marzo.

O xurado cualificador estará presidido pola secretaria xeral para o Deporte e serán vogais o titular da Subdirección Xeral de Plans e Programas, a presidencia dunha entidade galega vencellada ao mundo do deporte que será designada pola secretaria xeral para o Deporte, as persoas titulares das xefaturas de servizo provinciais de Deportes, a xefatura de Deportes da CRTVG e outros tres vogais designados pola presidenta do xurado entre o persoal ao servizo da Secretaría Xeral para o Deporte ou da Fundación Deporte Galego.

Anexo para presentación de candidaturas (formato .docx)

Anexo (formato .pdf)

Vistas:  457

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds