Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

15.03.2018

A Secretaría Xeral para o Deporte actualiza o Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia coa adaptación estatuaria das entidades e clubs galegos

O Rexistro de Entidades Deportivas queda conformado por un total de 4.812 entidades e clubs deportivos, dos que un total de 156 deberán proceder á emenda da documentación presentada

Imprimir Atrás

Santiago, 3 de marzo de 2017.- A Secretaría Xeral para o Deporte vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución do 7 de marzo de 2018 pola que se decreta a cancelación rexistral no Rexistro de Entidades Deportivas e a perda do recoñecemento oficial de determinadas entidades deportivas.

Este procedemento común a todos os rexistros de asociación ten como finalidade que as entidades e os clubs deportivos galegos regulen a súa situación estatutaria e que se adapten á nova normativa.

Tras o anuncio polo que se notificou o acordo de incoación da cancelación rexistral de entidades deportivas galegas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, as entidades deportivas dispuxeron dun prazo de dous meses para adaptar os seus estatutos e regulamentos ao disposto na Lei 3/2012. do 2 de abril, do deporte de Galicia.

Transcorrido este prazo e feitas as comprobacións oportunas, a Secretaría Xeral para o Deporte decreta a cancelación rexistral no Rexistro de Entidades Deportivas e a perda do recoñecemento oficial daquelas entidades deportivas que non teñan presentado os estatutos modificados e adaptados á devandita Lei do deporte de Galicia. As federacións deportivas de Galicia deberán dar de baixa a estas entidades deportivas afiliadas a cada federación. A efectos deportivos, a afiliación terá vixencia ata a finalización da competición oficial en que figuren inscritas estas entidades.

O Rexistro de Entidades Deportivas queda conformado por un total de 4.812 entidades e clubs deportivos, dos que un total de 156 deberán proceder á emenda da documentación presentada de conformidade co requirimento que se efectúe. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeren, se lles terá por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución.

Vistas:  394

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds