Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

16.10.2013

A Federación Galega de Tríatlon celebra unhas xornadas de debate

Este sábado celebraranse as dúas primeiras xornadas nas que se debaterá sobre as categorías menores (pola mañá) e as competicións (pola tarde).

Imprimir Atrás

A Federación Galega de Péntatlon e Tríatlon Moderno celebrará nas dúas próximas fines de semana unhas xornadas de debate abertas a todos os estamentos que conforman a federación. O obxectivo é que todas as conclusións que salgan destas xornadas serán posteriormente presentadas e estudadas na asamblea da Fegatri.

Este sábado 19 de outubro celebraranse en Santiago de Compostela (hotel Santiago Apóstol) as dúas primeiras mesas redondas. Pola mañá (a partir das 10:30 horas) terá lugar a primeira das mesas de debate sobre as categorías menores, nas que se falarán sobre as competicións, tecnificación, material e regras, deporte escolar ou categorías, entre outras. A mesa será moderada polo vicepresidente da Federación, Luís Piña, e na mesma participarán os adestradores da institución, pero é unha xornada aberta a todos os estamentos para coñecer as diferentes opinións e buscar mellorar de cara ao futuro.

Pola tarde (16:30 horas) celebrarase a mesa sobre normativa e competicións (coordinada por Luís Piña e Mónica Flores) na que se tratará sobre participación nos circuítos, clasificación para os campionatos galegos, regulamentos, selección galega ou o posicionamento da Federación ante a celebración de probas “pirata”. O obxectivo é contar coa participación de todos (clubs, deportistas, xuíces, directivos...) para buscar a mellor proposta cara ao futuro.

O próximo sábado celebrarase a segunda xornada de portas abertas, con este guión:

Sábado 26 de outubro de 2013:

  • 1. MESA XUÍCES (de 10:30 a 14:00 horas).
  • 2. MESA TÉCNICOS E CLUBS (de 16:30 a 20:30 horas).

Vistas:  1559

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds