Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

02.02.2015

Loita >> 9º posto para Jose Cuba no Gran Prix de Paris de Loitas Olímpicas

O loitador Jose Cuba Vázquez (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba), acadou o 9º posto no prestixioso Torneo Internacional Gran Prix de París de Loitas Olímpicas.

Imprimir Atrás

Este pasado fin de semana disputouse o primeiro Torneo da presente campaña, que da o pistoletazo de saída da tempada de Loitas Oímpicas.

Jose Cuba que competiu na categoría de 125 kg en Loita Libre Olímpica non tivo a sorte agardada neste primeiro torneo, acusando a falta de adestramentos e competicións continuadas nesta última tempada. Cuba tivo un primeiro cruce complicado contra o Polaco Kamil Skaskiewitz, que a postre remataría en 5ª posición. O non chegar o polaco a final, Jose Cuba non puido loitar pola repesca, quedando afastado da loita polo bronce.

Neste gran evento volveu a competición a bronce Olímpica Maider Unda (País Vasco), tras a súa maternidade. A adaptación da deportistas vasca de cara a Río será longa, xa que non puido adestrar nin competir nestes últimos meses, pola súa nova situación familiar.

Estes dous grandes deportistas da Loita en España, tomaron este primeiro evento da tempada, como unha volta a competición do máximo nivel. Tendo como principal obxectivo o campionato de España de Loitas Olímpicas que terá lugar en Madrid o vindeiro 14 de Marzo.

Fonte: Federación Galega de Loita

Vistas:  4596

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds