Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

02.01.2018

A secretaria xeral para o Deporte acompaña á delegación galega no inicio da súa viaxe á Valladolid para participar no Campionato de España de Baloncesto

Imprimir Atrás

Ourense, 2 de xaneiro de 2018.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, acompañou á delegación galega de baloncesto no inicio da súa viaxe á Valladolid para participar no Campionato de España de Seleccións Autonómicas e desexoulle aos catro equipos galegos “a mellor das sortes” no devandito torneo. A comitiva está composta por 12 adestradores e 48 rapaces e rapazas que compoñen os combinados autonómicos infantil e cadete (masculinos e femininos) que disputarán o Campionato de España do 3 ao 7 de xaneiro. Ademais, a delegación galega complétase coa presenza de 4 árbitros.

Vistas:  249

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds