Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

05.04.2018

HALTEROFILIA: 16º CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB-17 (MASCULINO E FEMININO)

22 deportistas, once masculinos e once femininas, formarán a delegación galega que se desprace a Madrid

Imprimir Atrás

No Pavillón Central do Consello Superior de Deportes (Madrid) celebrarase a 16ª edición do Campionato de España Sub-17 de Halterofilia nas categorías feminina e masculina.

Como en anteriores ocasións, o combinado galego é un dos máis novos entre os participantes, que representarán atrece Comunidades Autónomas.Todas e todos as e os deportistas posúen a marca mínima esixida regulamentariamente para tomar parte neste campionato de base. Téñeno difícil os mozos e algo máis fácil as nenas para poder lograr postos de podio por equipos e individualmente, dado o gran nivel que presentan os e as atletas cataláns, andaluces e canarios; pero coñecendo o grao de implicación dos nosos e das nosas deportistas, é doado pensar que coma sempre estarán na loita polos postos de podio que os caracteriza.

22 deportistas, once masculinos e once femininas, forman a delegación galega que se desprace a Madrid neste evento; son os e as seguintes:

Sara Reis Expósito (2001) do C.H. Pabellón de Ourense, na categoría de – 44 kg.

Ruth Fuentefría Sánchez (2004) do C.H. Coruña, na categoría de – 44 kg.

Cristina Vázquez Espetante (2004) do C.H. Coruña, na categoría de – 48 kg.

Aroa Quiroga Vidarte (2004) do C.H. Coruña, na categoría de – 53 kg.

Eyén Díaz López (2002) do C.H. Pabellón de Ourense, na categoría de – 53 kg.

Jennifer Tocuyo Mayorga (2004) do C.H. Coruña, na categoría de – 53 kg.

Abigail Arancibia Murillo (2003) do C.H. Coruña, na categoría de – 58 kg.

Ana Arufe Nuño (2002) do C.H. Coruña, na categoría de – 58 kg.

Iria Guevara Platero (2002) do C.H. Pabellón de Ourense, na categoría de – 63 kg.

Mª Ángeles Hernández Núñez (2003) do C.H. Coruña, na categoría de + 75 kg.

Irene Blanco Tarela (2002) do C.H. Coruña, na categoría de + 75 kg.

Juan David Zuluaga Angulo (2001) do C.H. Ferrol, na categoría de – 50 kg.

Anxo Silva Sixto (2001) do C.H. Coruña, na categoría de – 56 kg.

Alejandro Méndez Ortíz (2003) do C.H. Coruña, na categoría de – 62 kg.

Jaime Fernández Infante (2001) do C.H. Coruña, na categoría de – 62 kg.

Juan Gago Codesal (2001) do C.H. Coruña, na categoría de – 62 kg.

Luis Quiruga Pastrana (2002) do C.H. Coruña, na categoría de – 69 kg.

Mateo Crespo Soto (2002) do C.H. Rías Baixas de Pontevedra, na categoría de – 69 kg.

Iker Rodríguez Díaz (2003) do C.H. Ferrol, na categoría de – 69 kg.

Aarón Alvite Teijeira (2003) do C.H. Coruña, na categoría de – 85 kg.

Luis Román Pose Villalba (2001) do C.H. Coruña, na categoría de – 85 kg.

Álvaro Hernández Núñez (2003) do C.H. Coruña, na categoría de + 94 kg.

Vistas:  81

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds