Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

20.06.2018

HALTEROFILIA: 16º Campionato de España sub-15 masculino e feminino

Test para os Campionatos de Europa sub-15 e Sub-17. Madrid, do 20 ao 22 xuño de 2018

Imprimir Atrás

No pavillón exterior do Consello Superior de Deportes (Madrid) terá luar a 16ª edición do Campionato de España sub-15 de Halterofilia nas categorías feminina e masculina.

Como en anteriores ocasións, o combinado galego é un dos máis novos que participa no campionato nacional, que conta con representación de dez comunidades autónomas. Todas e todos os e as deportistas posúen a marca mínima esixida reglamentariamente para poder tomar parte neste campionato de base.

Si todo vai segundo o previsto polo noso cadro técnico, os mozos teñen moitas posibilidades de subir ao máis alto do podio por seleccións e as rapazas tamén optarán aos postos de podio por equipos, pero con maior dificultade, debido ao gran nivel que presentan as deportistas catalás, canarias e valencianas, maiores en idade. A pesar disto, as nosas deportistas tratarán de lograr medallas individuais cando menos en catro categorías de peso corporal (-44 quilos, -48 quilos, -58 quilos e 75 quilos).

Dezaoito deportistas: nove na categoría masculina e nove na feminina, conformarán a delegación galega que se desprace a Madrid para este evento:

 

Erea Lamas Acevedo (2004), do C.H. Pabellón de Ourense, na categoría de -44 quilos.

Ruth Fuentefría Sánchez (2004), do C.H. Coruña, na categoría de -44 quilos.

Cristina Vázquez Espetante (2004), do C.H. Coruña, na categoría de -48 quilos.

Aroa Quiroga Vidarte (2004), do C.H. Coruña, na categoría de -53 quilos.

Jennifer Tocuyo Mayorga (2004), do C.H. Coruña, na categoría de -53 quilos.

Amy Abelleira Rey (2005), do C.H. Vigo, na categoría de -58 quilos.

Abigail Arancibia Murillo (2003), do C.H. Coruña, na categoría de -58 quilos.

Carla Cid Acevedo (2004), do C.H. Pabellón de Ourense, na categoría de -63 quilos.

Mª Angeles Hernández Núñez (2003), do C.H. Coruña, na categoría de +75 quilos.

Tiago Larramendi Balladares (2005), do C.H. Coruña, na categoría de -45 quilos.

Daniel Castro Lagares (2003), do C.H. Coruña, na categoría de -62 quilos.

Iago Yuste Omil (2004), do C.H. Coruña, na categoría de -62 quilos.

Anxo Taboada Cid (2004), do C.H. Pabellón de Ourense, na categoría de -62 quilos.

Alejandro Méndez Ortíz (2003), do C.H. Coruña, na categoría de -62 quilos.

Iker Rodríguez Díaz (2003), do C.H. Ferrol, na categoría de -69 quilos.

Santiago Muñoz Martínez (2004), do C.H. Coruña, nacategoría de -77 quilos.

 Aarón Alvite Teijeira (2003), do C.H. Coruña, na categoría de +85 quilos.

Álvaro Hernández Núñez (2003), do C.H. Coruña, na categoría de +85 quilos.

Vistas:  52

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds