Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

14.06.2017

HALTEROFILIA: 29º CAMPIONATO DE GALICIA SUB-15 E SUB-17 (MASCULINO E FEMININO)

FASE PREVIA CLASIFICATORIA PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB-17 (masculino e feminino)

A Coruña, 17 e 18 de xuño de 2017.

Imprimir Atrás

Aínda sen tempo suficiente de recuperación, logo de finalizada a organización do 57º Campionato de España Absoluto Masculino e 25º Campionato de España Absoluto Feminino, celebrados na Coruña cun gran éxito tanto deportivo como organizativo e de afluencia de afección, temos que iniciar a montaxe e o desenvolvemento do 29º Campionato de Galicia Sub-15 e Sub-17 nas categorías masculina e feminina que é, á súa vez, clasificatorio para o Campionato de España Sub-17 (Madrid, do 14 ao 16 de xullo).

O 29º Campionato de Galicia celebrarase os días 17 e 18 deste mes. O 17 no Centro de Halterofilia da Casa da Auga (A Coruña), para os/as deportistas máis avezados/as, dando comezo ás 10:00 horas, e o día 18 (ao aire libre se o tempo o permite) na explanada de Riazor, para deportistas noveis, dando inicio ás 10:30 horas e finalizando sobre as 14:30 horas (se for mal tempo ou chover faríase no Centro de Halterofilia como o do día anterior).

Máis dun centenar de deportistas de base, da Coruña, Ourense, Ferrol, Vigo e Pontevedra daranse cita neste campionato galego do que sairán os billetes para asistir ao campionato nacional xuvenil que se vai celebrar en Madrid do 14 ao 16 do próximo mes de xullo.

Para poder tomar parte no evento todas e todos as e os deportistas deberán estar en posesión da marca mínima aprobada para estes campionatos.

Vistas:  140

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds