Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

26.10.2009

Orde de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de actividades deportivas no ano 2009

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe, venres 27 de marzo, a orde do 19 de febreiro que ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras de concesión de subvencións e a súa convocatoria pública dirixidas a clubs deportivos e entidades deportivas sen ánimo de lucro para a participación en competicións oficiais ou o desenvolvemento de actividades deportivas, realizadas ou que se vaian realizar no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2009. O prazo de presentación de solicitudes rematou o 30 de marzo e o de presentación da documentación xustificativa remata o 2 de novembro de 2009.

Imprimir Atrás

Estas axudas van destinadas as seguintes entidades:

a) Clubs: Os clubs deportivos e entidades deportivas que participen regularmente en competicións oficiais, convocadas polas correspondentes federacións deportivas: a.1 Clubs tipo I: Clubs que participen regularmente en competicións oficiais de ámbito internacional e estatal. Poderán contar con deportistas ou equipos que participen en competicións oficiais de ámbito galego e provincial. a.2 Clubs tipo II: Clubs que participen regularmente en competicións oficiais desenvolvidas en toda Galicia. Poderán contar con deportistas ou equipos que participen en competicións oficiais nas que a maioría dos participantes sexan galegos ou de ámbito provincial. a.3 Clubs tipo III: Clubs que participen regularmente en competicións oficiais desenvolvidas como mínimo no ámbito provincial ou superior sen chegar a desenvolverse en toda Galicia.

b) Agrupacións deportivas escolares coorganizadoras da campaña do deporte escolar xunto coa Dirección Xeral para o Deporte da Consellería de Cultura e Deporte e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Estado do trámite: Resolto

 

Documentos

Anexos-modelo a empregar polas entidades beneficiarias das axudas para solicitar o seu pagamento e xustificar os gastos correspondentes, conforme ó publicado na orde do 19 de febreiro de 2009 (DOG 27/02/2009):


Vistas:  10579

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds