Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

11.07.2017

Marta Míguez recepciona o montículo móbil para o campo de béisbol de Acea da Ama que mellorará a práctica do sóftbol

A chegada do montículo móbil prodúcese só un mes despois de que a secretaria xeral supervisara o estado final da reparación que se levou a cabo no campo de béisbol, unha actuación tamén financiada polo Goberno galego

Imprimir Atrás

Culleredo (A Coruña), 11 de xullo de 2017.- A secretaría xeral para o Deporte, Marta Míguez, visitou hoxe as instalacións deportivas da Xunta de Galicia no complexo coruñés de Acea da Ama para recepcionar o montículo móbil que mellorará a práctica do sóftbol na instalación autonómica. A chegada do montículo móbil prodúcese só un mes despois de que a secretaria xeral supervisara o estado final da reparación que se levou a cabo no campo de béisbol, unha actuación tamén financiada polo Goberno galego.

Deste xeito, a Secretaría Xeral para o Deporte dá cumprimento ao compromiso adquirido pola propia secretaria xeral en xaneiro do presente ano cando asegurou, no mesmo escenario que “neste exercicio orzamentario de 2017, a Xunta de Galicia levará a cabo as reformas necesarias para acondicionar o campo de béisbol existente e acadar a súa homologación como campo de sóftbol para a competición en división de honor”. Un terreo de xogo que servirá para disputar partidos de béisbol e sóftbol cumprindo coas bases de competición que esixe a Federación Española.

Tanto a reparación do campo como o financiamento do montículo son actuacións que forman parte dun programa máis amplo de melloras no campo de béisbol e sóftbol de Culleredo que a Xunta seguirá a executar tendo en conta as posibilidades orzamentarias.

Cómpre lembrar que, grazas a estas actuacións, o Club Cambre -que acadou o ascenso á división de honor de sóftbol feminino- poderá disputar os seus partidos no campo de Acea de Ama evitando desprazamentos. 

Vistas:  218

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds