Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

03.08.2017

Convocatoria de bolsas de formación da AEPSAD

A Axencia Española de Protección da Salud no Deporte convoca bolsas de formación de postgrado para seu Centro de Medicina do Deporte situado no Centro de Alto Rendemento do Consello Superior de Deportes en Madrid.

Imprimir Atrás

Foi publicada a convocatoria de bolsas de formación de posgrao para o Centro de Medicina do Deporte da Axencia Española de Protección da Saúde no Deporte sito no Centro de Alto Rendemento do Consello Superior de Deportes en Madrid.
 
A convocatoria 2017 ofrece as seguintes bolsas:
 
             Unha na Unidade de Psicoloxía. Licenciados/Graduados en Psicoloxía.
             Unha na Unidade de Fisioterapia. Diplomados/Graduados en Fisioterapia.
             Dúas na Unidade de Control do Rendemento. Licenciados/Graduados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.
             Unha na Unidade de Endocrinoloxía e Nutrición. Diplomado/Graduado en Nutrición Humana e/ou Dietética
 
O trámite de solicitude esténdese entre os días 1 e 21 de agosto e poderá realizarse, entre outros medios, a través da oficina virtual do Consello Superior de Deportes, trámite 202972 - Bolsas de formación de posgrao na Axencia Española de Protección da Saúde no Deporte:

https://sede.csd.gob.es/oficinavirtual/FichaTramite.aspx?idProcedimiento=96&botonSeleccionado=0

Habilitouse a dirección de correo electrónico becasdys@aepsad.gob.es como canle prioritaria de información.

Vistas:  436

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds