Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

07.02.2018

A rede CeMIT organiza este venres unha xornada sobre a xestión en liña na sede electrónica para entidades deportivas

Está dirixida aos responsables dos clubes deportivos galegos para facilitarlles a actualización telemática dos seus datos no Rexistro de Entidades Deportivas

Imprimir Atrás

Santiago, 7 de febreiro de 2018.- A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Secretaría Xeral para o Deporte organizan o 9 de febreiro a xornada “Faite dixit@l e tramita nun clic - Rexistro de Entidades Deportivas”, que se retransmitirá desde as instalacións do Centro Demostrador TIC Galicia, en Santiago de Compostela, e poderase seguir a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de diversas localidades de Galicia en horario de 12:00 h a 13:30 h.

A Secretaría Xeral para o Deporte vén de emprazar a máis de 8.000 entidades deportivas de Galicia a actualizar a súa inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas, de conformidade coa Lei do Deporte de Galicia. Nas vindeiras semanas estas entidades deberán achegar online, a través da sede electrónica da Xunta, a documentación necesaria para cumprir o trámite.

O obxectivo da xornada, dirixida aos responsables dos clubes deportivos galegos, é facilitarlles as nocións básicas sobre o funcionamento da sede electrónica, clarexar posibles dúbidas, difundir os servizos dispoñibles na sede e indicarlles as canles para obter máis información en caso de que a precisen durante a realización da xestión.

O enfoque da xornada será eminentemente práctico con exemplos sobre emprego dos diversos sistemas de identificación e sinatura dixital admitidos pola sede, incluído o sistema Chave365, que evita o uso do certificado dixital.

Aulas CeMIT participantes na xornada

As persoas interesadas en seguir esta xornada poden acercarse á aula CeMIT do Centro Demostrador TIC en Santiago de Compostela (https://cdtic.xunta.gal/) ou ben a calquera das aulas CeMIT das seguintes localidades, que mostraron o seu interese en retransmitir a través de videoconferencia a dita xornada e así poder evitar desprazamentos innecesarios:
 

Provincia Concello Enderezo da Aula CeMIT URL GoogleMaps
A Coruña

Santiago de Compostela

Rúa de Airas Nunes, s/n-Conxo

http://bit.ly/2E5ClHn
A Coruña Abegondo San Marcos, s/n, http://bit.ly/2GOsp6N
A Coruña Ames

Praza de Chavián s/n

http://bit.ly/2nJxPY7
A Coruña Arzúa Rúa Lugo, s/n http://bit.ly/2nHaqrd
A Coruña Brión

Carballeira de Santa Minia, 2 -baixo

http://bit.ly/2nC9fca
A Coruña Coruña, A

Rúa Terranova de Eirís, 7

http://bit.ly/2E0fehj
A Coruña Narón

Praza do Concello, s/n

http://bit.ly/2nDJWH3
A Coruña Oroso Rúa do Deporte, 9 http://bit.ly/2BZzL3A
A Coruña Ortigueira

Rúa Márquez Cortiñas s/n

http://bit.ly/2s75SyP
Lugo Barreiros

Estrada da Praia, 1 – San Cosme

http://bit.ly/2BHbGTt
Lugo Carballedo

Praza Victor Portomeñe Carballedo (Santa Maria)

http://bit.ly/2nJOwCJ
Lugo Ribadeo

Casa da Xuventude - Antonio Otero, 15-2º andar

http://bit.ly/2E419ni
Ourense Bande

Casa do Concello, 1º andar - Rúa San Roque, 2

http://bit.ly/2EHK9jM
Ourense Celanova

Parque das Triguerizas, s/n

http://bit.ly/2E4yWIP
Ourense Ourense

Rúa do Abrevadeiro 1

http://bit.ly/2EHhRpu
Pontevedra Cuntis

Casa do Médico - Circunvalación Don Aurelio, 65

http://bit.ly/2nHCJom
Pontevedra Poio

Carreiro do Campo, 17

http://bit.ly/2BHtKge
Pontevedra Pontevedra

Avenida Montero Ríos, s/n

http://bit.ly/2EdIapA
Pontevedra Valga Ferreirós, 1 http://bit.ly/2GM7OAd

En total disponse de máis de 260 prazas para asistentes, das que 25 están dispoñibles presencialmente na aula CeMIT no CDTIC en Santiago de Compostela e o resto para seguir por videoconferencia.

Pódese consultar os datos de contacto das aulas CeMIT na seguinte ligazón: https://cemit.xunta.gal/centros

A Rede CeMIT

A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), está integrada por 98 aulas, presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.

Ademais do Plan de Formación, a Rede CeMIT desenvolve campañas de sensibilización e divulgación da importancia e beneficios das TIC entre a cidadanía, empresas e outros colectivos coa organización de charlas e conferencias. Paralelamente, a maioría dos centros da Rede contan co servizo de “aula aberta”, que posibilita o acceso libre e de balde dos usuarios á utilización do equipamento co apoio e asesoramento dun axente especializado.

A listaxe completa e a localización das aulas CeMIT poden ser consultados en:
http://cemit.xunta.es/centros.

Vistas:  163

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds