Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

14.02.2018

O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria das actividades de formación da EGAP entre as que destaca o curso de avaliación da condición física saudable

O curso contará con 25 prazas e terá unha duración de 15 horas en modalidade presencial na cidade de Santiago de Compostela e terá lugar os días 7, 8 e 9 de maio de 9 a 14 horas

Imprimir Atrás

Santiago, 14 de febreiro de 2017.- O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2018 convócanse as actividades de formación continua correspondentes ao primeiro semestre do ano 2018.

Dentro deste calendario destaca o curso da Secretaría Xeral para o Deporte, a través da Fundación Deporte Galego, sobre a ‘Avaliación da condición física saudable: valorar para prescribir actividade física, exercicio físico e deporte’ que contará con 25 prazas e terá unha duración de 15 horas. O curso será presencial na cidade de Santiago de Compostela e terá lugar os días 7, 8 e 9 de maio de 9 a 14 horas. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais a partir do día de mañá.

Vistas:  212

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds