Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

 Resultados por páxina   Primeira  Retroceder  Anterior  Páxina 5 de 5  

30.12.2010

A FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO CONCEDE AXUDAS POR MÁIS DE 100.000 EUROS A 34 ENTIDADES ORGANIZADORAS DE CAMPIONATOS DE ESPAÑA OU SIMILARES E FASES DE ASCENSO Á MÁXIMA CATEGORÍA ABSOLUTA

Publícase a resolución da Comisión Permanente da Fundación Deporte Galego pola que se conceden axudas a 34 Entidades que durante o ano 2010 organizaron Campionatos de España ou similares e Fases de Ascenso á máxima categoría estatal absoluta.

20.12.2010

Publicada a resolución coa lista provisional de solicitudes aceptadas, excluídas e pendentes de emenda, para a concesión de subvencións a clubs e agrupacións deportivas escolares.

Publicada a Resolución do 16 de decembro de 2010, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listas provisionais de solicitudes aceptadas, de solicitudes excluídas e pendentes de emenda, presentadas ao abeiro da Resolución do 18 de outubro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concurrencia non competitiva, a clubs deportivos e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas.

10.12.2010

I Convocatoria de axudas para a organización de Campionatos de España ou similares e fases de ascenso á máxima categoría absoluta 2010. Publícase o listado de solicitudes admitidas, solicitudes con documentación incompleta e de solicitudes excluídas.

No día de hoxe, a Fundación Deporte Galego publicou a listaxe das solicitudes admitidas, solicitudes con erros ou deficiencias e de solicitudes excluídas, no marco da I Convocatoria de Axudas para a organización de Campionatos de España ou similares e fases de ascenso á máxima categoría absoluta. Edición 2010.

08.11.2010

Publícase a convocatoria de axudas para a organización de Campionatos de España ou similares e fases de ascenso á máxima categoría absoluta. Edición 2010

O obxectivo da convocatoria é contribuír ao desenvolvemento de Campionatos de España oficiais ou similares e fases de ascenso á máxima categoría absoluta, na nosa Comunidade Autónoma.

23.10.2010

A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE INVISTE 3,9 MILLÓNS DE EUROS EN SUBVENCIÓNS A CONCELLOS PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS E EQUIPAMENTO DEPORTIVO

Durante o ano 2010 concedéronse un total de 303 subvencións a concellos das 53 comarcas de Galicia.
As axudas permitiron subvencionar instalacións de parques biosaludables grazas as convocatorias destinadas á adquisición de equipamento deportivo.
Coas convocatorias destinadas a subvencionar a realización de obras de construción e mellora de espazos deportivos subvencionáronse, entre outras actuacións, pistas multideportivas, rutas de ciclismo ou sendeirismo, así como pistas urbanas para a práctica do patinaxe e skate.

21.10.2010

Resolución pola que se amplía nos prazos de xustificación das subvencións establecidos nas resolucións do 4 e 5 de agosto de 2010 pola que se convocan subvencións a concellos, en réxime de concorrencia competitiva.

Resolución pola que se amplía nos prazos de xustificación das subvencións establecidos nas resolucións do 4 de agosto de 2010 pola que se convocan subvencións a concellos, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos no ano 2010 e do 5 de agosto de 2010 pola que se convocan subvencións a concellos, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de obras de construción, mellora, acondicionamento e reforma de instalacións e espazos deportivos no ano 2010.

24.06.2010

Convocatoria dos programas de Tecnificación e Rendemento Deportivo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva

Publícase a convocatoria dos programas de Tecnificación e Rendemento Deportivo no CGTD

21.06.2010

Convocatoria axudas DGAN 2009. Publícase o listado de solicitudes admitidas, solicitudes con documentación incompleta e de solicitudes excluídas.

No día de hoxe a Fundación Deporte Galego publicou o listado provisional de solicitudes admitidas, solicitudes con documentación incompleta e de solicitudes excluídas no marco da convocatoria do programa específico de axudas 2009 para deportistas galegos/as de alto nivel.

04.01.2010

Declárase Fundación de Interese Galego a Fundación Óscar Pereiro

O DOG do 1 de abril de 2009 publica a orde pola que se declara a entidade deportiva creada polo ciclista Óscar Pereiro como Fundación de Interese Galego

 Resultados por páxina   Primeira  Retroceder  Anterior  Páxina 5 de 5  

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds