Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

19.04.2017

A secretaria xeral apunta que a metade das federacións galegas contan con a lo menos un campión ou campioa de España natural de Vigo e da súa área

Así o dixo na recepción aos 82 campións e campioas de España naturais de Vigo e da súa área

Imprimir Atrás

Vigo, 18 de abril de 2017.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, recibiu no serán de hoxe aos 82 campións e campioas de España naturais de Vigo e a súa área. A máxima responsable do deporte a nivel autonómico asegurou que estes 82 deportistas representan a 26 federacións galegas, practicamente a metade das 59 federacións deportivas que hai en Galicia. “Por iso podemos dicir que o 50% das federacións deportivas galegas contan con a lo menos un campión ou campioa de España natural de Vigo e da súa área”, engadiu.

A secretaria xeral describiu aos deportistas como “referentes, exemplos a seguir en xeracións máis novas que ven en vós espírito de superación, perseveranza, constancia, resiliencia e, en definitiva, a vontade de ser mellores cada día”. Ademais, Marta Míguez cualificou aos campións e campioas de Vigo e a súa área como “orgullo para toda a sociedade galega”. “Sodes patrimonio galego, a mellor materia prima que temos”, engadiu.

A titular do Deporte galego quixo felicitar tamén aos familiares, amigos e adestradores e a todas aquelas persoas “que vos acompañan no camiño da excelencia competitiva”.

Os 82 campionatos de España de deportistas de Vigo e a súa área foron 13 de atletismo, 9 de deporte adaptado, 8 de ximnasia, 6 de ciclismo, de fútbol sala e de kickboxing, 5 de karate, 4 de kung-fu, 2 de salvamento, motonáutica, deportes de inverno, baile deportivo e bádminton, e outro de automobilismo, baloncesto, bolos, boxeo, caza, colombofilia, esgrima, esquí náutico, motociclismo, patinaxe, tenis, xadrez, tiro con arco e tiro olímpico.

Vistas:  343

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds