Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

02.10.2017

Ciclismo: José Luis Mariño adxudicouse no Porriño a Copa Galicia de estrada elite e sub23

A Copa Galicia de estrada elite e sub23 tivo un desenlace inesperado

Imprimir Atrás

A Copa Galicia de estrada elite e sub23 tivo un desenlace inesperado este venres no Porriño. José Luis Mariño (Cambre - Renault Caeiro) superou na sexta e última xornada puntuable a Aser Estévez (Cortizo - Anova), despois de que o ciclista que lideraba a clasificación do certame autonómico se fora ao chan no quecemento de "La Nocturna" Festas do Cristo 2017 e non puidera tomar a saída. A terceira praza acadada polo corredor padronés na proba organizada polo Club Ciclista Master da Louriña bastoulle para asaltar o primeiro posto da xeral. 

O Cambre - Renault Caeiro tamén se anotou o triunfo parcial nesta clásica que botou o peche ao calendario elite e sub23. No último sprint Miguel Montero impúxose a Aarón Mariño (Supermercados Froiz). O podio da carreira porriñesa completouno Mariño, que con este resultado sumou 18 puntos e situouse na xeral da Copa Galicia con 97, polos 90 cos que se quedou Estévez. 

O outro ranking da Copa Galicia que restaba por resolverse tamén quedou visto para sentenza. A falta da disputa este sábado do XVII GP Ciclista San Froilán, o junior Jorge Suárez (Cidade de Lugo - Esturión) certificou o seu título ao asinar o segundo posto no Porriño. Co triunfo fíxose Iñigo Rodríguez (DipuLeon-Bembibre) e Guillermo García (Bathco) obtivo a terceira posición.

No resto das categorías, os triunfadores da xornada foron María Jesús Barros (Spol - Concello do Porriño) na competición feminina elite e sub23, Borja Lorenzo (Norinver) nos cadetes, Iago Alonso (Chantadino) nos masters-30, Fernando Núñez (Bici O Con) nos masters-40 e Jose Carlos Riol (Orensano) nos masters-50/60.


Vistas:  54

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds