Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

13.10.2017

HALTEROFILIA. CLASIFICACIÓN PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA POR CLUBS E CAMPIONATO DE EUROPA JÚNIOR

Equipos e deportistas clasificados para os Campionatos de España por Clubs, en categoría masculina e feminina, e para o Campionato de Europa júnior

Imprimir Atrás

Unha vez finalizado o PLAY OFF clasificatorio para os Campionatos de España por Clubs en categoría masculina e feminina, Copa do Rei e da Raíña respectivamente, no que tanto o Club Halterofilia Coruña como o Club Halterofilia Pabellón de Ourense participaron pora estar entre os 18 primeiros do ranking nacional; a clasificación dos equipos dos clubs galegos foi o seguinte:

O Club Halterofilia Coruña competiu no PLAY OFF con 4 equipos  - 2 femininos e 2 masculinos - os cales se clasificáron para asistir ao Campionato de España por Clubs.

O Club Halterofilia Pabellón de Ourense que participaba con 2 equipos  - un feminino e un masculino - logrou clasificar o equipo feminino para a Copa da Raíña.

Polo que os equipos de Galicia que participarán nos campionatos nacionais por clubs son:

Campionato de España por Clubs masculino - Copa do Rei -   12 EQUIPOS:

  • Club Halterofilia Coruña “A”   (Campión de Liga 2017)
  • Club Halterofilia Coruña “B”

Campionato de España por Clubs feminino - Copa da Raíña - 12 EQUIPOS:

  • Club Halterofilia Coruña “A”   (Subcampión de Liga 2017)
  • Club Halterofilia Pabellón de Ourense “A”
  • Club Halterofilia Coruña “B”

Por outra banda,  do 15 ao 22 dos correntes celebrarase en Durrës (Albania) o Campionato de Europa Junior en categoría masculina e feminina, ao que asistirán, formando parte da selección española, 2 deportistas do Club Halterofilia Coruña, quedando un terceiro deportista do mesmo club Carlos Castro Mariño de reserva na categoría de -77 quilos.

Nosas representantes son:

Noelia García Suárez  (1997 - 20 anos),  campioa de España junior na categoría de -53 quilos de peso corporal, categoría na que tomará parte e que competirá o domingo,  día 15.

Irene Branco Tarela (2002), de tan só 15 anos, campioa de España infantil e xuvenil na categoría de +75 quilos e subcampioa de España junior e absoluta na categoría de -90 quilos, que competirá nesta categoría  (-90 quilos)  o xoves día 19, ou o venres día 20, todo depende que se clasifique no grupo A ou no grupo B

Vistas:  40

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds