Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

28.12.2017

Cancelación Rexistral de entidades deportivas

Co fin de actualizar o Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, o luns 18 de decembro publicouse no DOG o ANUNCIO do 27 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral para o Deporte, polo que se notifica o acordo de incoación de cancelación rexistral de entidades deportivas galegas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia

Imprimir Atrás

O luns 18 de decembro publicouse no DOG o ANUNCIO do 27 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral para o Deporte, polo que se notifica o acordo de incoación de cancelación rexistral de entidades deportivas galegas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

Este ANUNCIO recolle, no seu anexo I, a relación de entidades que non teñen adaptados os seus estatutos á Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.

No caso de que as entidades non procedan a dita adaptación no prazo de dous meses, procederase á súa cancelación rexistral, o que comportará a perda do recoñecemento oficial da entidade.

A publicación pode consultarse no seguinte enlace: 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20171218/AnuncioG0244-301117-0006_gl.pdf

Para a adaptación dos estatutos a Secretaría Xeral para o Deporte publica en formato editable un modelo que cada club deberá adaptar á súa realidade. Para máis información podese acudir aos servizos provinciais. Esta información está dispoñible no apartado Rexistro de entidades deportivas, ao final da páxina.

Vistas:  374

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds