Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

09.01.2018

Marta Míguez presenta a segunda edición do Cross Ponte Romana de Lugo como un evento cuxo éxito “transcende o ámbito local, provincial, autonómico e incluso nacional”

Gaba a “excelente xestión deportiva” dunha proba que discorrerá por un “percorrido inmellorable” e na que participarán 700 deportistas entre atletas federados e populares

Imprimir Atrás

Lugo, 9 de xaneiro de 2018.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, participou na mañá de hoxe na presentación oficial da segunda edición do Cross Nacional Ponte Romana de Lugo que terá lugar o vindeiro domingo 14 de xaneiro na cidade lucense. Alí, a máxima responsable do deporte galego salientou que esta proba que nacía hai tan só un ano conta xa cun éxito que transcende “o ámbito local, provincial, autonómico e incluso nacional”.

Deste xeito, Marta Míguez gabou a “excelente xestión deportiva” dunha proba que discorrerá por un “percorrido inmellorable, un campo de cross espectacular e unha infraestrutura ideal con todos os servizos para o desenvolvemento do evento”. Tamén destacou a alta participación na carreira que contará con 700 deportistas entre atletas federados e populares. Así como a colaboración entre as administracións para “sacar adiante estes eventos deportivos referentes de prestixio”.

Desta segunda edición da cross Ponte Romana cómpre destacar a homenaxe que se realizará á atleta lucense María Abel Diéguez por todos os éxitos colleitados ao longo da súa traxectoria deportiva; así como o carácter solidario deste evento que recadará un donativo para a Asociación SOMOS unidos contra o cancro.

Vistas:  93

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds