Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

13.02.2018

A Secretaría Xeral para o Deporte lamenta o pasamento do futbolista e adestrador galego Luis Cid Pérez ‘Carriega’

Imprimir Atrás

Santiago, 13 de febreiro de 2017.- A Secretaría Xeral para o Deporte, no nome da súa titular, Marta Míguez, lamenta o pasamento do futbolista e adestrador galego Luis Cid Pérez ‘Carriega’ que faleceu no día de onte en Allariz. Carriega recibiu a Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia do ano 2012.

Deste xeito, a Xunta de Galicia, en nome de todos os galegos e galegas, envía o seu máis sentido pésame aos familiares e amigos de Luis Cid ‘ Carriega’.

Nas verbas da secretaria xeral para o Deporte, Carriega “foi, é e será parte imprescindible para entender a historia do noso deporte e do noso fútbol, un home que adicou toda unha vida a transmitir todo o que sabía en máis dunha decena de equipos de primeiro nivel”. “Unha persoa que sempre levou a bandeira de Galicia e o orgullo de ser galego por diante”, engadiu.

Vistas:  129

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds