Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

08.03.2018

HALTEROFILIA: 13ª Copa Federación por Clubs sub-16 e sub-18 (feminina e masculina). Madrid, 9 e 10 de marzo 2018

A Comunidade Autónoma de Galicia estará representada por seis equipos: cinco do Club Halterofilia Coruña e un do Club Halterofilia Pabellón.

Imprimir Atrás

Esta próxima fin de semana: venres, día 9, e sábado, día 10, terá lugar no pavillón central das instalacións do Consello Superior de Deportes a 13ª edición da Copa Federación por Clubs nas categorías feminina e masculina.

Á esta edición da Copa Federación acoden os equipos dos clubs que durante as ligas nacionais do ano anterior se clasificron entre os cinco primeiros no ranking nacional en cada categoría de idade e sexo (sub-16 e sub-18 feminina e masculina).

Dos vinte equipos clasificados soamente dezaseis tomarán parte nesta edición de Copa Federación, estando Galicia representada por seis equipos: cinco do Club Halterofilia Coruña e un do Club Halterofilia Pabellón.

Estes son os equipos participantes e a súa clasificación na Liga nacional do pasado ano:



Masculino sub-16                                                          Feminino sub-16

1.- C.H. MOLINS “A” (Cataluña)                          1.- C.H. CORUÑA “A” (Galicia)

2.- C.H. CORUÑA “A” (Galicia)                            2.- C.H. MOLINS “A” (Cataluña)

3.- E.T.H. “A” (Canarias)                                       3.- C.H. CORUÑA “B” (Galicia)

4.- C.H. MOLINS “B” (Cataluña)

Masculino sub-18                                                           Feminino sub-18

1.- C.H. CORUÑA “A” (Galicia)                           1.- C.H. CORUÑA “A” (Galicia)

2.- C.H. HALTEROR “A” (Canarias)                  2.- C.H. SIDERÓPOLIS “A” (Com. Madrideña)

3.- C.H. TAVERN “A” (Com. Valenciana)          3.- GANDIA C.H. “A” (Com. Valenciana)

4.- E.T.H. “A” (Canarias)                                      4.- C.H. PABELLÓN “A” (Galicia)

Malia todas as dificultades que hai que pasar para quedar clasificado o mellor equipo de España, o Club Halterofilia Coruña ten moitas posibilidades de alcanzar este galardón, polo menos nas categorías femininas sub-16 e sub-18 e na masculina sub-18; aínda que non vai ser nada fácil gañarlles aos potentes equipos cataláns e canarios.

O pasado ano o club coruñés proclamouse campión nacional en todas as categorías; este ano teno bastante máis difícil, aínda que o resto de equipos tampouco o ten moi fácil ao ter que enfrontarse aos potentes equipos ourensán e herculino.

Vistas:  87

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds