Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

10.04.2018

HALTEROFILIA: Resultados do 16º Campionato de España sub-17 (masculino e feminino)

A representación galega obtivo 16 medallas individuais e subiu ao podio en ambas as categorías.

Imprimir Atrás

Esta pasada fin de semana disputouse no Pavillón Central do Consello Superior de Deportes (Madrid) a 16ª edición do Campionato de España sub-17 de Halterofilia nas categorías feminina e masculina.

Como estaba previsto, o campionato tivo un gran nivel técnico, e as nosas e os nosos deportistas fixeron un papel francamente bo ao lograren 16 medallas individuais (seis de ouro, tres de prata e sete de bronce) e subiren ao podio por equipos tanto na categoría feminina como na masculina.

12 foron as comunidades aurtónomas con representación neste campionato nacional.

 

Podio na categoría femenina:

1ª GALICIA 374,01 puntos. (OURO)

2ª CATALUÑA 361,85 puntos (PRATA)

3ª CAST.-LEÓN 266,52 puntos (BRONCE)

 

Podio na categoría masculina:

1ª ANDALUCÍA 427,47 puntos (OURO)

2ª CATALUÑA 423,22 puntos (PRATA)

3ª GALICIA 416,93 puntos (BRONCE)

 

As e os deportistas da selección galega medallistas foron:

- Irene Blanco Tarela (C.H. Coruña): tres medallas de ouro. Campioa España categoría de +75 quilos

- Mª Ángeles Hernández N. (C.H. Coruña): unha medalla de prata e unha de bronce. Subcampioa na categoría + 75 quilos

- Ruth Fuentefría S. (C.H. Coruña): unha medalla de prata. Subcampioa

- Álvaro Hernández N. (C.H. Coruña): tres medallas de ouro. Campión de España na categoría de + 94 quilos

- Iker Rodríguez Díaz (C.H. Ferrol): unhamedalla de prata. Subcampión na categoría de – 69 quilos

- Anxo Silva Sixto (C.H. Coruña): tres medallas de bronce. Terceiro na categoría de – 56 quilos

- Jaime Fernández Infante (C.H. Coruña): dúas medallas de bronce enarrancada/dous tempos na categoría de – 62 quilos

Por outra banda, Irene Blanco Tarela, logrou a mellor marca feminina de todo o campionato.

Aínda sen estar en plena forma por estar convalecente dunha pequena lesión, as súas marcas foron:

- Arrancada: 83,0 quilos

- Dous Tempos: 97,0 quilos

- Total Olímpico: 180,0 quilos

Vistas:  68

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds