Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

18.04.2018

A Secretaría Xeral para o Deporte publica a lista dos galardoados cos Premios Deporte Galego do ano 2017 que nesta edición recoñecen a 17 premiados en 17 categorías

María Pérez Araújo foi elixida como a mellor deportista feminina e Lucas Vázquez como o mellor deportista masculino

Imprimir Atrás

Santiago, 18 de abril de 2018.- A Secretaría Xeral para o Deporte vén de publicar a lista dos galardoados cos Premios Deporte Galego do ano 2017 que se entregarán o vindeiro día 14 de maio no Auditorio da Sede Afundación de Pontevedra. Estes galardóns recoñecen os méritos deportivos do ano 2017, e distinguen este ano 17 categorías.

Lista de premiados:

-Mellor deportista feminina: María Pérez Araújo (baloncesto)

-Mellor deportista feminina con discapacidade: Susana Rodríguez Gacio (triatlón)

-Mellor deportista masculino: Lucas Vázquez Iglesias (fútbol)

-Mellor deportista masculino con discapacidade: Alejandro Vidal Álvarez (taekwondo)

-Mellor equipo feminino: Mecalia Atlético Guardés (balonmán)

-Mellor equipo masculino: Real Club Celta de Vigo SAD (fútbol)

-Mellor equipo de deportistas con discapacidade: Club Amfiv (baloncesto)

-Mellor entidade na promoción do deporte de base: Club Voleibol Emevé (voleibol)

-Mellor adestrador ou adestradora: Carlos David Prieto López (tríatlon)

-Mellor árbitro/a ou xuíz/a: Carlos Cortés Rey (baloncesto)

-Mellor labor informativo: DXT Campeón

-Mellor evento deportivo: Trial des Nations 2017 - Baiona (motocilismo)

-Mellor patrocinio deportivo: Grupo Leche Río SA

-Mellor deportista revelación: Paula Ginzo Arantes (baloncesto)

-Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: Concello de Cangas

-Premio Galicia Saudable á entidade de carácter privado destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: Cooperativa Alimentaria Peñasanta SA

-Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba (A Coruña)

Vistas:  1978

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds