Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

24.02.2010

A XUNTA DE GALICIA SUSPENDE AS ACTIVIDADES DE DEPORTE ESCOLAR DEBIDO ÁS ADVERSAS CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS

A Secrretaría Xeral para o Deporte tomou a decisión tras coñecer ás previsións
Máis de 40.000 nenos participan esta temporada nos Xogos Deportivos Escolares (XOGADE)
O sábado estaba previsto o Campeonato Galego de campo a través coa inscripción de 500 escolares
A Secretaría Xeral pide ás federacións que tomen as máximas precaucións para evitar incidencias

Imprimir Atrás
Santiago, 24 de febreiro de 2010.-  A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia decidiu suspender a programación dos Xogos Deportivos Escolares (XOGADE) que estaba prevista que se desenvolvese desde mañá, xoves, ata o domingo (ambos inclusive) debido á previsión de adversas condicións climatolóxicas.

 

Ante a previsión existente, a Secretaría Xeral para o Deporte optou pola suspensión das actividades logo de escoitar a todas as partes implicadas na campaña de Deporte en Idade Escolar, que promove a Xunta de Galicia. Unha decisión tomada co obxectivo de evitar incidencias, xa que se espera durante o fin de semana unhas condicións climatolóxicas moi complicadas.

 

A actividade estrela deste fin de semana era a disputa do Campionato Galego de campo a través que estaba previsto que levase a cabo na Pobra do Caramiñal coa participación de máis de medio milleiro de atletas que con anterioridade lograran a súa clasificación tras a celebración das fases local, comarca e provincial.

 

Ao disputarse ao aire libre as complicacións eran maiores, polo que a Secretaría Xeral optou pola súa suspensión, do mesmo xeito que o resto de actividades que inclúen un programa que neste curso escolar conta coa participación de máis de 40.000 nenos galegos.

 

O programa  de deporte escolar incluye modalidades como natación sincronizada, bádminton, tríatlon, fútbol, baloncesto, balonmán ou o atletismo nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. Ademáis levanse a cabo actividades lúdicos-recreativas que achegán aos colexios, dun xeito divertido, diferentes disciplinas.

 

A decisión foi inmediatamente comunicada ás federacións deportivas, aos clubs e aos responsables de Deporte Escolar en cada zona coa finalidade de que a medida xere os menos prexuízos posibles.

 

Así mesmo a Secretaría Xeral para o Deporte informou a todas as federacións galegas da previsión de mal tempo que haberá este fin de semana en Galicia e deixa á súa decisión o desenvolvemento das competicións oficiais, xa son eles os responsables das mesmas.

 

A Secretaría Xeral para o Deporte fixo fincapé ás federacións na necesidade de que tomen as máximas precaucións para evitar incidencias e que estuden a posibilidade de suspender as competicións se fose necesario.

 

Vistas:  7441

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds