Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

08.11.2010

Publícase a convocatoria de axudas para a organización de Campionatos de España ou similares e fases de ascenso á máxima categoría absoluta. Edición 2010

O obxectivo da convocatoria é contribuír ao desenvolvemento de Campionatos de España oficiais ou similares e fases de ascenso á máxima categoría absoluta, na nosa Comunidade Autónoma.

Imprimir Atrás

O prazo de presentación de solicitudes remata o martes 23 de novembro de 2010.

 Poderán ser beneficiarios/as desta convocatoria as asociacións deportivas cualificadas como tales na Lei Xeral do Deporte de Galicia, excepto as federacións deportivas galegas, que estean inscritas no Rexistro de Asociacións Deportivas e deportistas da Secretaría Xeral para o Deporte e na correspondente federación deportiva.

 Cada entidade solicitante só poderá presentar unha instancia de solicitude e referida a un único Campionato, podendo ser este de varias categorías, que se valorará segundo o establecido no apartado 6.3. das bases.

 As solicitudes teranse que refirir a Campionatos que comecen e rematen entre o 1 de xaneiro e o 15 de decembro de 2010.

 

Documentación relativa á convocatoria:

Para descargar o programa de visualización de PDF (Adobe Reader), pulse aquí

Vistas:  7248

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 348 / 353 Fax: 881 996 356

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds