Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

20.12.2010

Publicada a resolución coa lista provisional de solicitudes aceptadas, excluídas e pendentes de emenda, para a concesión de subvencións a clubs e agrupacións deportivas escolares.

Publicada a Resolución do 16 de decembro de 2010, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listas provisionais de solicitudes aceptadas, de solicitudes excluídas e pendentes de emenda, presentadas ao abeiro da Resolución do 18 de outubro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concurrencia non competitiva, a clubs deportivos e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas.

Imprimir Atrás
Os interesados poderán formular reclamacións, emendar erros e falta de documentación nun prazo de dez (10) días hábiles contados desde a data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (é dicir, ata o 3 de xaneiro de 2011), ante os respectivos servizos provinciais de deportes. Transcorrido este prazo sen que se emenden as deficiencias, considerarase que o interesado desiste na súa petición logo da resolución ditada nos termos previstos no artigo 42º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Documentos

Vistas:  11961

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds