Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

13.09.2011

Lista definitiva de deportistas becados no Centro galego de tecnificación deportiva para o curso 2011/12

A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE FAI PÚBLICA A LISTA DEFINITIVA DOS 170 DEPORTISTAS BECADOS NO CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA PARA O CURSO 2011/12.

Imprimir Atrás
As propostas de deportistas foron feitas polas diferentes federacións galegas baseándose en criterios de rendemento actual así como de previsión de rendemento no futuro.
A convocatoria de prazas publicouse o pasado 1 de xuño, e as federacións dispuxeron dun mes para presentar a documentación acreditativa dos méritos dos deportistas propostos. O 13 de xullo constituíuse unha comisión de análise por cada deporte, formada polo presidente e director técnico de cada federación, o equipo de dirección do CGTD e un representante da Secretaría xeral para o deporte. O 18 de xullo a Comisión se selección, formada polo equipo directivo do CGTD e dous membros da Secretaría xeral para o deporte estableceron a proposta de asignación de becas definitiva, que foi elevada ao secretario xeral para o Deporte para a súa aprobación.
Son 170 os deportistas que gozarán dunha beca no curso que comeza en setembro. Entre eles están David Cal e Teresa Portela en piragüismo, Javier Gómez Noya en triatlón, Estefanía Hernández en taekwondo, Miguel Romero en judo, e Beatriz Gómez e María Vilas en natación.
O pasado 18 de xullo publicouse a lista provisional.

 

O Centro Galego de tecnificación deportiva (CGTD)

Naceu en 1987, en Pontevedra, aproveitando as instalacións do Estadio da xuventude e a Residencia Atlántico. Co paso do tempo foise transformando nun moderno complexo deportivo no que se formaron os mellores deportistas da nosa comunidade e que na actualidade acolle ás principais promesas do deporte de Galicia.


Son 10 as modalidades deportivas con presenza neste centro de referencia do deporte galego: atletismo, ciclismo (MTB), judo, loita, natación, piragüismo (augas tranquilas e augas bravas), remo, taekwondo, tenis e triatlón.

 

Os grupos de adestramento estrutúranse en 3 niveis:
-          Grupo de tecnificación: deportistas de 14 a 18 anos, con gran proxección de rendemento futuro.
-          Grupo de rendemento: deportistas de 19 a 25 anos, con resultados relevantes no ámbito nacional e participacións en competicións internacionais.
-          Grupo de elite: deportistas na elite do deporte mundial.

 

Os tipos de praza son:

-          Praza de Residente:  matrícula no IES adscrito ao centro, aloxamento e manutención completa na residencia, servizo de lavandería, incorporación ao grupo de adestramento da súa modalidade, servizo medicina deportiva, servizo de fisioterapia e titoría.
-          Praza de Externo 1: matrícula no IES adscrito ao centro, xantar no comedor da residencia, incorporación ao grupo de adestramento da súa modalidade, servizo medicina deportiva, servizo de fisioterapia e titoría.
-          Praza de Externo 2: xantar no comedor da residencia, incorporación ao grupo de adestramento da súa modalidade, servizo medicina deportiva e servizo de fisioterapia.
-          Praza de Externo 3: incorporación ao grupo de adestramento da súa modalidade, servizo medicina deportiva e servizo de fisioterapia.

-          Elite: xantar no comedor da residencia, instalacións deportivas, servizo medicina deportiva e servizo de fisioterapia.

 

Lista Definitiva

 

 

Vistas:  8946

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds