Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

27.06.2014

A Xunta de Galicia recoñece a traxectoria de 35 persoas e entidades a través das Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia 2014

Lete Lasa asegurou que estas distincións ao labor ou traxectoria “axudan a alumear as achegas e méritos de tantas persoas e institucións que co seu talento, esforzo e valores engrandecen o deporte e a identidade de Galicia”.

Imprimir Atrás

Cangas, 27 de Xuño de 2014.- O Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, anunciou esta mañá as persoas, entidades e eventos ás que a Xunta de Galicia ven de conceder as Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia 2014, logo das deliberacións do xurado e da resolución asinada polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, esta mesma semana.

Estes galardóns, postos en marcha polo goberno galego en 2010, referendan o labor ou traxectoria notoria e exemplar no ámbito deportivo de Galicia tanto por parte de persoas como de entidades que deste modo contribúen á excelencia do deporte e da educación física na nosa comunidade.

Lete Lasa comunicou que o acto solemne de entrega das distincións terá lugar no Auditorio Municipal de Cangas o vindeiro 11 de xullo, ás sete e media da tarde, baixo a presidencia do máximo mandatario do goberno galego e coa presenza dos galardoados, os seus familiares e achegados, e representantes da comunidade deportiva galega.

Durante a presentación celebrada hoxe no Concello de Cangas en compañía do seu alcalde, José Enrique Sotelo, o titular de Deportes da Xunta amosou a súa satisfacción por esta cuarta edición da convocatoria que, xunto cos Premios ao Deporte Galego, “axudan a alumear as achegas e méritos de tantas persoas e institucións que co seu talento, esforzo e valores engrandecen o deporte e a identidade de Galicia”.

Listaxe dos premiados coas Distincións ao Mérito Deportivo 2014

Persoas físicas:

Fernando Bouso Caiña
José García Calvo (Willy)
José Luis Gómez Llamas
Josefina Salgado Pérez (título póstumo)
Ramón “Moncho” Rodríguez Suárez
Indalecio Iglesias Ferreiro
Francisco Zas Couce
Francisco Buyo Sánchez
Iván Raña Fuentes
José Pulpeiro Doval
Mariano Castiñeiras Vilaseca
Carlos Pérez Alonso
Estela Estévez Barreiro
José Armando Ufarte Ventoso
Eleuterio Ángel García Rodríguez
Franco Cobas González
Alejandro Gómez Cabral
María Jesús Sangüos Espiña
Andrés Díaz Diaz
Manuel Rosales Touza
Luís Pena Neira (título póstumo)
María José Martínez Patiño
Jorge Luis Valcárcel Pérez (título póstumo)
Rodrigo Costas Rodríguez
Fernando Rey Tapias

Entidades:

Club Ourense Baloncesto
Colegio Liceo La Paz
Karbo Deportivo
Caixa Rural Galega
Club de Mar Ría de Aldán
El Corte Inglés
Club Cisne Balonmano

Eventos:

Carreira Popular Ferreirúa
Medio Maratón Gran Bahía Vig Bay
El Correo Gallego - Carreira Pedestre Popular de Santiago

Vistas:  1837

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds