Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

10.03.2015

REEDICIÓN DIXITAL DA GUÍA DIDÁCTICA "NON VIOLENCIA NO DEPORTE E NA VIDA. CODIGO DA NON VIOLENCIA PARA O DEPORTE E A VIDA”.

Imprimir Atrás

O todo vale, a ausencia de ética e de autoridade, o xogo sucio, o desexo de  ser o mellor a calquer prezo,  o sexismo e o machismo, o individualismo, a violencia … Liberar ao deporte destas conductas e actitudes, definir unha cultura deportiva en positivo, un deporte que, en definitiva, constrúa unha vida activa e mellor, son os obxectivos deste traballo. Nel encontrarás fórmulas  de achegamento aos valores do deporte e á súa función social e educativa, encontrarás en definitiva estratexias coas que adentrarte na esencia do feito deportivo: o deporte como ferramenta óptima para educar en valores.

 A Xunta de Galicia, na liña dos valores educativos do deporte socialmente aceptados, volve a poñer á disposición da cidadanía unhas guías que pretenden ser un instrumento que axuden a concienciar aos máis novos, e á poboación en xeral, de que o respeto e a tolerancia deben estar presentes sempre, tanto no deporte como na vida. O éxito acadado coa súa inicial publicación en edición impresa no 2005, e a necesidade de continuar reivindicando o xogo limpo no deporte e na vida, motivan a reedición das tres guías didácticas de “Non violencia no deporte e na vida. Código da non violencia para o deporte e a vida”, unha delas para docentes, outra para pais e nais e outra para o alumnado. O traballo foi elaborado por María José Mosquera González, profesora da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña, e as ilustracións son de Manel Cráneo. A ambos agradecemos que cederán de forma gratuita os dereitos de autor para este formato on-line e que participen de maneira desinteresada nesta reedición.

DESCARGAR GUÍAS EN GALEGO:

DESCARGAR GUÍAS EN CASTELÁN:

Vistas:  2488

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 348 / 353 Fax: 881 996 356

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds