Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

30.12.2016

A Fundación Deporte Galego concede 120 novas axudas a deportistas galegos de alto nivel por importe de 172.650 euros

Con esta resolución, o investimento total do ano 2016 en axudas a deportistas galegos de alto nivel foi de 373.650 euros

Imprimir Atrás

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2016.- A Fundación Deporte Galego, adscrita á Secretaría Xeral para o Deporte, vén de aprobar a resolución das axudas a deportistas galegos e galegas de alto nivel ao abeiro da convocatoria Galicia- Axudas DGAN 2016, publicada o pasado mes de setembro. Nesta segunda fase foron concedidas 120 novas axudas a deportistas de alto nivel de Galicia que supuxeron un investimento total de 172.650 euros. As bases da convocatoria e a resolución desta segunda fase de axudas a deportistas galegos de alto nivel pódense consultar na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte.

Esta convocatoria enmárcase no habitual plan de axudas á preparación de Deportistas Galegos/as de Alto Nivel, e á vez ten en conta que este ano 2016 tiveron lugar os Xogos Olímpicos/Paralímpicos de Río 2016. Por esta singularidade e co fin de optimizar as axudas de xeito que sexan o máis operativas para os deportistas destinatarios, estableceuse unha convocatoria en dúas fases, sendo a primeira a que se iniciou no mes de abril para os deportistas que acadaran a súa clasificación para os Xogos de Río e resolvéndose a segunda no día de hoxe.

A  convocatoria Galicia- Río 2016, beneficiou mediante as súas tres resolucións a un total de 25 deportistas clasificados para a cita olímpica/paralímpica de Río 2016. Estas axudas supuxeron un investimento total de 201.000 euros que, sumados aos 172.650 euros da nova resolución, fan un total de 373.650 euros destinados ás axudas a 145 deportistas galegos de alto nivel en 2016.

Os beneficiarios disporán dun prazo de dez días hábiles para a aceptación das axudas ou para presentar a súa renuncia, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa entenderase totalmente aceptada. As axudas concedidas aos 120 deportistas poden chegar ata os 3.000 euros no caso dos deportistas cos mellores resultados. Para esta convocatoria establecéronse os seguintes tipos de axudas:

TIPO DE AXUDA

IMPORTE MÁXIMO

DIRIXIDA A

AXUDA DGAN 1

Ata 3.000 €

Deportistas galegos/as que cumpran cos criterios do apartado 6.4.1. das bases

AXUDA DGAN 2

Ata 2.000 €

AXUDA DGAN 3

Ata 1.000 €

AXUDAS DGAN 4

Ata 1.000 €

Deportistas galegos/as que non cumprindo cos criterios do apartado 6.4.1. das bases cumpran cos criterios establecidos no apartado 6.4.2.

BASES DA CONVOCATORIA

RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA

Vistas:  985

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 348 / 353 Fax: 881 996 356

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds