Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

10.01.2017

A secretaria xeral para o Deporte felicita ás seleccións galegas de baloncesto e balonmán en idade escolar polo seu bo papel nos Campionatos de España

A delegación galega de baloncesto acadou un quinto posto no grupo especial da categoría infantil feminina, un sexto posto no grupo especial da categoría infantil masculina, un sétimo posto no grupo especial da categoría cadete feminina e un quinto posto no grupo preferente da categoría cadete masculina

Imprimir Atrás

Santiago, 9 de xaneiro de 2017.- As seleccións galegas de baloncesto e balonmán nas categorías infantil e cadete realizaron un gran papel nos Campionatos de España en idade escolar por seleccións territoriais convocados anualmente polo Consello Superior de Deportes. A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle felicitou aos diferentes equipos que competiron durante estes días e destacou o seu “esforzo e traballo para acadar uns resultados dos que todos os galegos estamos orgullosos”.

O campionato de España de baloncesto tivo lugar en Huelva do 3 ao 7 de xaneiro de 2017. A delegación galega, formada por 71 participantes, acadou un quinto posto no grupo especial da categoría infantil feminina, un sexto posto no grupo especial da categoría infantil masculina, un sétimo posto no grupo especial da categoría cadete feminina e un quinto posto no grupo preferente da categoría cadete masculina. 

O campionato de España de balonmán tivo lugar en Blanes e Lloret de Mar, na provincia de Xirona do 2 ao 7 de xaneiro de 2017. A delegación galega, formada por 82 participantes entre deportistas e equipo técnico, acadou un bronce na categoría infantil feminina, un quinto posto na categoría infantil masculina, un sexto posto na categoría cadete masculina e un cuarto posto na categoría cadete feminina.

Neste ano 2017, ademais dos campionatos de balonmán (infantil e cadete) e baloncesto (infantil e cadete), están convocados os de natación (infantil e adaptado), campo a través (cadete, xuvenil e adaptado), voleibol (infantil e cadete), tenis de mesa (infantil e cadete), ximnasia rítmica (cadete), judo (infantil, cadete   e adaptado), orientación (infantil e cadete), atletismo (cadete), bádminton (infantil e cadete), xadrez (infantil), tríatlon (cadete), volei praia (cadete), ciclismo en ruta (infantil,cadete e adaptado) e BTT (cadete). Por primeira vez, aparecen tres novas modalidades que serán loitas olímpicas, escalada e rugby a 7.

Vistas:  402

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds