Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

10.01.2017

Marta Míguez aposta polo traballo conxunto e a coordinación entre todos os actores do tecido deportivo galego na súa visita ás federacións da Casa do Deporte de Vigo

A secretaria xeral para o Deporte desprazouse ata a Delegación da Xunta na cidade olívica onde mantivo un encontro de traballo co delegado territorial, Ignacio López Chaves, sobre a situación do deporte na área de Vigo

Imprimir Atrás

Vigo, 10 de xaneiro de 2017.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, visitou no día de hoxe á Casa do Deporte de Vigo onde teñen a súa sede as federacións deportivas galegas de ciclismo, tenis, balonmán, hípica, bolos, loita, motonáutica, billar, motociclismo, bádminton, montañismo, squash, surf, tenis de mesa, petanca e xadrez. Alí, a responsable do deporte a nivel autonómico enxalzou o papel das federacións como “o corazón do deporte galego” e sinalou que “a progresión que tivo o noso deporte nestes últimos anos non sería posible sen o esforzo destas entidades deportivas galegas”. Nesta liña, a secretaria xeral apostou por “unha liña de traballo conxunto e coordinación con todos os actores do tecido deportivo galego: federacións, clubs, directivos, técnicos, xuíces, árbitros e, por suposto, os deportistas”.

A Xunta de Galicia colabora mediante convenios anuais coas 59 federacións deportivas galegas que son un importante axente dinamizador para levar a cabo a organización e desenvolvemento de programas e actividades que impulsen a súa modalidade deportiva no ámbito de Galicia. O incremento da práctica deportiva federada, en todas as idades e sexos, a adquisición de valores e hábitos de vida saudables a través da competición deportiva regrada, e a mellora da xestión federativa son eixos de traballo fundamentais para a Secretaría Xeral para o Deporte.

Ademais durante a xornada de hoxe, a secretaria xeral para o Deporte desprazouse ata a Delegación da Xunta na cidade olívica onde mantivo un encontro de traballo co delegado territorial, Ignacio López Chaves, sobre a situación do deporte na área de Vigo. 

Vistas:  222

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 348 / 353 Fax: 881 996 356

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds