Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

26.02.2017

Marta Míguez destaca a oferta deportiva de Marín no IV Torneo de seleccións autonómicas de mini basket e na X Copa Galicia internacional de ximnasia acrobática e Copa de España

A secretaria xeral para o Deporte asistiu aos partidos da selección galega feminina e masculina no torneo de mini basket así como as finais e entrega de premios da competición de ximnasia

Imprimir Atrás

Marín (Pontevedra), 26 de febreiro de 2017.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, desprazouse ata Marín para dar folgos ás seleccións galegas masculina e feminina que se atopan disputando nesta fin de semana o IV Torneo de Seleccións Autonómicas de Mini basket. Na mañá de hoxe celebráronse os partidos correspondentes á segunda xornada do torneo que enfrontaron ás seleccións de Galicia e Asturias. Na xornada de onte Galicia enfrontouse aos combinados de Euskadi e Castela e León. Os encontros tiveron lugar nos pavillóns do colexio San Narciso e de Sequelo, cuxos vestiarios foron reformados en 2015 a través dun convenio da Secretaría Xeral para o Deporte.  

Marta Míguez, valorou a importancia do “deporte na educación dos máis cativos porque xera modelos de vida saudable que lles acompañarán ao longo da súa vida”. “Desde a Xunta de Galicia promovemos todas aquelas iniciativas que supoñan unha maior presenza da actividade física na vida dos pequenos, como mostra o noso programa Xogade”, apuntou.

Ademais, na xornada de hoxe, a titular de Deporte asistiu ás finais da X Copa Galicia Internacional de Ximnasia Acrobática e da Copa de España que se está a celebrar en Marín desde o pasado 24 de febreiro. Marta Míguez participou na entrega de trofeos e destacou a gran “espectacularidade e disciplina dun deporte tan importante para Galicia como é a ximnasia”. Así tamén salientou a importancia de que o pavillón da Raña acolla por terceira vez consecutiva o campionato galego internacional e que este ano coincida coa Copa de España, xa que achega a Galicia preto de 500 atletas entre deportistas, adestradores e xuíces. 

Vistas:  447

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds