Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

03.03.2017

A secretaria xeral para o Deporte acode á primeira xornada do Rali do Cocido para apoiar a integración desta proba no Campionato de España

Pide a colaboración do público para evitar calquera incidente e que “esta fin de semana se converta na festa do automobilismo galego”

Imprimir Atrás

Silleda e Lalín (Pontevedra), 3 de marzo de 2017.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, dirixiuse esta tarde a Silleda para asistir á presentación de vehículos e a saída dos participantes do XXIII Rali do Cocido que tivo lugar no edificio da Fundación Semana Verde de Galicia. Acto seguido, a máxima responsable do deporte galego trasladouse ata Lalín para comprobar os tramos do rally e supervisar o percorrido e a loxística do evento xa que nesta edición de 2017, o Rali do Cocido atópase en fase de preinspección para a súa integración no Campionato de España de Rallys de Asfalto.

Nas súas verbas, Marta Míguez valorou esta posibilidade como “unha excelente nova para Galicia, para o noso deporte e para o noso turismo, polo que todas as institucións debemos apoiar esta candidatura”. “O Rali do Cocido ten a calidade suficiente para ser unha nova proba do campionato nacional”, aseverou.

Nesta liña, a secretaria xeral fixo un chamamento aos afeccionados para que os seis tramos e máis de 150 quilómetros que se disporán ao longo de toda a comarca dezá, transcorran con normalidade e que se cumpran todas as normas de seguridade, despois do gran traballo realizado pola escuadra Lalín-Deza. Así, Marta Míguez pediu a colaboración do público para evitar calquera incidente e que “esta fin de semana se converta na festa do automobilismo galego”.  

Vistas:  250

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds