Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

11.03.2017

A secretaria xeral para o deporte asiste en Vilalba ao campionato galego de campo a través Xogade que contou coa participación de 500 nenos e un total de 66 equipos e colexios

Marta Míguez felicitou ás agrupacións deportivas e colexios que chegaron ata a final galega “por todo o esforzo realizado ao longo do ano” e destacou o evento de Vilalba como “a gran festa do deporte en idade escolar”

Imprimir Atrás

Vilalba (Lugo), 11 de marzo de 2017.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, asistiu na mañá de hoxe ao Campionato Galego de Xogade de campo a través que tivo lugar nas instalacións deportivas da Magdalena. Alí, a máxima responsable do deporte a nivel autonómico destacou a “importancia do deporte na educación dos máis cativos porque xera modelos de vida saudable que lles acompañarán ao longo da súa vida”. Marta Míguez felicitou ás agrupacións deportivas e colexios que chegaron ata a final galega “por todo o esforzo realizado ao longo do ano” e destacou o evento de Vilalba como “a gran festa do deporte en idade escolar”.

Esta iniciativa está patrocinada polo programa Xogade que a Secretaría Xeral para o Deporte leva a cabo xunto as Federacións e Agrupacións Deportivas Galegas e que recolle toda a actividade deportiva e lúdica, en idade escolar promovida dende a Xunta de Galicia.

Os máis 500 nenos e nenas que participaron nesta carreira representaron ás agrupacións deportivas e colexios das catro provincias galegas. Por parte de Ourense, participaron o ADAS, AD Monterrei, Ourense Atletismo, Padre Feijóo, CEIP de Prácticas, Antón Faílde, Ben Cho Shey, Ruxidoiro, Concepción Arenal, AD Limia, Taboada Chivite, IES Baroncelli, IES Chamoso Lamas, Limiactiva, La Purísima e Atletismo Rúa. No que respecta á provincia de Pontevedra participaron o Atletismo Samertolameu, Comesaña Sporting Club, CSCR Beade, SA Do Trega, CA San Miguel Marín, CEIP Valle Inclán do Grove, AD CAR, SA Val Miñor, Club Deportivo Pinarium, Atletismo Celta Feminino, Real Club Celta, Sagrado Corazón Pontevedra, Agrupación Viguesa de Atletismo, Atletismo Porriño, Atletismo Vila de Cangas, CD San Paio A Estrada, Sociedade Ximnástica Pontevedra, Club Atletismo A Estrada, CEIP Plurilingüe Guillarei, SDA San Miguel de Oia e Atletismo Tui. Os equipos da provincia da Coruña participantes foron o Ría de Ferrol, Atletismo Sada, Compañía de María A Coruña, Colexio Obradoiro, Marineda Atlético, Triatlón Ferrol, CEIP Artes de Ribeira, Narón, Natación Cedeira, Coruña Comarca, A Cristina, CEIP O Coto, Noitebra, Terra Soneira, Trialtón Arcade, Millaraio, Peleteiro, Universidade Santiago, Triatlón Oleiros, Fontes do Sar e Compañía de María Santiago. Por último, representando á provincia de Lugo estiveron os equipos de Madeiras Barcia Lourenzá, Escola Atlética Lucense, Atletismo Friol, Atletismo Franciscanos, CEIP Insua Bermúdez, Lucus Caixa Rural, Colexio Martínez Otero e o A.D.A. Gándara de Monforte.

Este é o cuarto cross ao que acode á secretaria xeral tras a súa participación no cross zonal Xogade de Pontevedra do pasado 23 de decembro no que participaron distintos clubs da provincia e 300 nenos e nenas, o cross de centros escolares que tivo lugar na parroquia olívica de Zamáns o pasado 25 de xaneiro e o campionato provincial de campo a través de Ourense do pasado 18 de febreiro que tivo lugar no complexo deportivo de Monterrei e contou coa participación de 600 nenos e nenas.

Vistas:  292

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds