Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

17.03.2017

A secretaria xeral asegura que “o deporte da vela en Galicia non ten teito” na presentación do Campìonato de Europa de J70 que terá lugar en Vigo

Apunta que “non é de estrañar que a clase internacional J70 mire cara Galicia para celebrar o seu terceiro europeo” e destaca os nomes dos campións olímpicos galegos de vela como Támara Echegoyen, Sofía Toro, Antón Paz e Fernando Echávarri; o “excelente centro de alto rendemento en Vilagarcía, o Centro Galego de Vela”; ou os 8 deportistas subvencionados como deportistas de alto nivel e outro máis a través do Centro Galego de Tecnificación Deportiva

Imprimir Atrás

Vigo, 17 de marzo de 2017.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, participou esta mañá na presentación do Campionato de Europa da modalidade de vela J70 que terá lugar en Vigo no vindeiro mes de xuño de 2018, o que cualificou como “unha gran noticia para o deporte galego e para a sociedade en xeral”.  Deste xeito, felicitou ao Real Club Náutico de Vigo e a Asociación Española de Armadores da Clase J70 porque esta noticia “demostra que o deporte da vela en Galicia non ten teito”. O acto tamén contou coa presenza do presidente do CSD, José Ramón Lete Lasa, e do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves.

Nas súas verbas, a máxima responsable do deporte na comunidade apuntou que “non é de estrañar que a clase internacional J70 mire cara Galicia para celebrar o seu terceiro europeo” -tras os de Mónaco e Kiel (Alemaña)- e destacou os nomes dos campións olímpicos galegos de vela como Támara Echegoyen, Sofía Toro, Antón Paz e Fernando Echávarri; o “excelente centro de alto rendemento en Vilagarcía, o Centro Galego de Vela”; ou os 8 deportistas subvencionados como deportistas de alto nivel e outro máis a través do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

A secretaria xeral mostrou a vontade da Xunta de Galicia de apoiar este evento como ocorre “ano tras ano coa Federación Galega de Vela que é a segunda federación que máis cartos recibe da Secretaría Xeral para o Deporte través dos convenios coas federacións”. 

Vistas:  197

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds