Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

03.04.2017

Míguez reivindica o deporte como "vía de formación, igualador, motor de cambio social e axente económico determinante"

Celebra “todas as accións relacionadas co deporte que a Universidade de Vigo está a realizar en Ourense como son estas xornadas e o Máster de Xestión Empresarial do Deporte” que posibilitan que “cada vez sexan máis os profesionais especializados no sector xurídico-deportivo”.

Imprimir Atrás

Ourense, 3 de abril de 2017.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, inaugurou esta tarde as ‘II Xornadas sobre dereito deportivo: Dereitos humanos, cine e deporte’ que se desenvolverán o 3, 4, 25 e 26 de abril. Alí, a máxima responsable do deporte galego reivindicou o deporte do que dixo ser “plural, diverso, non ten xénero nin idade, é para todos e para todas, enriquece á sociedade, transmite valores, xera noticias todos os días, é unha vía de formación, é igualador, é motor de cambio social e tamén é un axente económico determinante”.

No seu relatorio, a titular da Secretaría Xeral sinalou que “todos os usos do deporte supoñen unha realidade transversal, diversa e de máximo interese que é preciso estudar detidamente”. Por iso, dixo, “celebro todas as accións relacionadas co deporte que a Universidade de Vigo está a realizar en Ourense como son estas xornadas e o Máster de Xestión Empresarial do Deporte” que posibilitan que “cada vez sexan máis os profesionais especializados no sector xurídico-deportivo”.

Marta Míguez salientou a “experiencia e cualificación de poñentes de recoñecido prestixio” e “a experiencia e coñecementos de deportistas de alto nivel e adestradores” como garantía dunhas xornadas das que dixo que os participantes sacarán “bo rendemento”.  

Vistas:  94

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds