Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

05.04.2017

A secretaria xeral para o Deporte traslada o compromiso da Xunta para "dotar a Galicia dunhas instalacións deportivas de primeiro nivel"

A renovación das pistas de tenis do parque da Canuda obedece ao convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Salvaterra de Miño asinado o pasado 11 de agosto de 2016 polo que a Xunta subvencionou as ditas actuacións achegando ao Concello a cantidade de 40.000 euros

Imprimir Atrás

Salvaterra de Miño (Pontevedra), 5 de abril de 2017.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, visitou hoxe o Concello de Salvaterra de Miño onde, acompañada de membros da corporación local supervisou o estado das pistas de tenis da Canuda, renovadas pola Xunta de Galicia. Na contorna do parque da Canuda, a máxima responsable do deporte a nivel autonómico trasladou o compromiso do Goberno galego “para dotar a Galicia dunhas instalacións deportivas renovadas, reformadas e de primeiro nivel”.

Nesta liña, Míguez lembrou que a Xunta de Galicia continúa traballando na “mellora das infraestruturas galegas para o beneficio de todos os cidadáns” e, no que respecta ao deporte, “a Secretaría Xeral seguirá pondo a disposición dos deportistas galegos as mellores instalacións para acadar o seu maior rendemento”. “Se queremos contar cos mellores deportistas, precisamos das mellores instalacións”, engadiu.

A renovación das pistas de tenis do parque da Canuda obedece ao convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Salvaterra de Miño asinado o pasado 11 de agosto de 2016. Segundo o acordo, a Xunta de Galicia subvencionou as ditas actuacións achegando ao Concello a cantidade de 40.000 euros que responde ao importe total das mesmas. 

Vistas:  133

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds