Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

07.04.2017

A Secretaría Xeral para o Deporte subliña que o ateltismo galego conta con "todos os ingredientes para xerar excelentes deportistas"

Sinala que neste ano 2017 “non pode estar máis clara a aposta da Xunta de Galicia polo atletismo” e lembra as obras que realiza a Xunta de Galicia para acadar a renovación das pistas de atletismo de Balaídos e a construción da pista de atletismo cuberta de Ourense

Imprimir Atrás

Santiago, 8 de abril de 2017.- O subdirector xeral de Plans e Programas da Secretaría Xeral para o Deporte, Miguel López, participou na xornada de hoxe na gala anual da Federación Galega de Atletismo que premiou aos clubs e atletas máis destacados da campaña 2016-2017.

Alí, Miguel López sinalou que neste ano 2017 “non pode estar máis clara a aposta da Xunta de Galicia polo atletismo” e lembrou as obras que realiza a Xunta de Galicia para acadar a renovación das pistas de atletismo de Balaídos e a construción da pista de atletismo cuberta de Ourense. “Dúas instalacións que porán ao atletismo galego no punto de mira internacional”, engadiu.

Na súa intervención destacou que “é obvio que para contar cos mellores deportistas, necesitamos as mellores infraestruturas, pero iso non é suficiente”. Nesta liña falou e agradeceu o traballo ás “familias dos deportistas como apoio incondicional; os adestradores e equipo técnico como mentores incansables; as institucións e entidades como clubs, federación e órganos de goberno para que os acompañen no seu camiño e unha forza de vontade e sacrificio inmensa, o factor máis importante”. “Creo que hoxe, nesta gala da Federación Galega de Atletismo, temos todos estes ingredientes”, concluíu.

Vistas:  80

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds