Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

17.04.2017

A secretaria xeral para o Deporte recibe aos 99 campións e campioas de España naturais de Pontevedra e a súa área aos que describe como "exemplo e orgullo"

Asegura que estes 99 deportistas son “os mellores en cada disciplina nun país de 46 millóns de habitantes”

Imprimir Atrás

Pontevedra, 17 de abril de 2017.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, recibiu no serán de hoxe aos 99 campións e campioas de España naturais de Pontevedra e a súa área. A máxima responsable do deporte a nivel autonómico asegurou que estes 99 deportistas son “os mellores en cada disciplina nun país de 46 millóns de habitantes”.

Neste sentido, a secretaria xeral describiu aos deportistas como “referentes, exemplos a seguir en xeracións máis novas que ven en vós espírito de superación, perseveranza, constancia, resiliencia e, en definitiva, a vontade de ser mellores cada día”. Ademais, Marta Míguez cualificou aos campións e campioas de Pontevedra e a súa área como “orgullo para toda a sociedade galega”. “Hoxe e sempre toda Galicia aplaude os vosos éxitos e síntese máis galega que nunca”, engadiu.

A titular do Deporte galego quixo felicitar tamén aos familiares, amigos e adestradores e a todas aquelas persoas “que vos acompañan no camiño da excelencia competitiva”.

Os 99 campionatos de España acadados por deportistas de Pontevedra e a súa área foron 39 de taekwondo, 35 de piragüismo, 7 de loita, 5 de vela, 5 de remo, 4 de judo, 3 de tríatlon e 1 de natación.  

Vistas:  90

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 348 / 353 Fax: 881 996 356

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds